Domingo 31 de Ordinario C
PRIMEIRO
Sab 11, 22 - 12, 2:
Tes misericordia de todos, porque amas todo canto existe
PROCLAMACIÓN
DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA SABEDORÍA
22Señor, o universo todo, de fronte a ti, é coma un lixo
na balanza
e coma pinga de orballo da alborada caendo sobre a
terra.
23E nembargantes compadecícheste de todo, pois todo o
podes
e pasas por alto os pecados dos homes para que se
convertan,
24pois amas a tódolos seres
e non rexeitas nada do que fixeches:
se algo che dese noxo, xa non o crearías.
25¿Como podería algo subsistir se ti non o queres
ou conservarse o que ti non chamas?
26Mais ti todo o perdoas porque todo é teu,
Señor, amigo da vida.
12 1Pois o teu sopro incorruptible mora en tódalas
cousas.
2Por iso corrixes pouco a pouco a aqueles que tropezan
e amoéstalos lembrándolle-los seus erros
para que, deixando a maldade, crean en ti, Señor.
SALMO
RESPONSORIAL Sal 144, 1-2. 8-9. 10-11. 13cd-14
R/
(cf 1): Bendicirei por sempre o teu nome, meu Deus e rei
Meu Deus e meu rei, quero enxalzarte
e bendicir por sempre o teu nome.
2Bendicireite o día enteiro,
louvarei por sempre o teu nome.
8O Señor é clemente e compasivo,
tardo á ira e rico en amor.
9O Señor é bo para todos,
garimoso con tódalas súas obras.
10Lóuvente, Señor, as túas obras,
bendígante os teus amigos.
11Pregoen a gloria do teu reino,
proclamen as túas fazañas.
13O teu reino é
reino eterno,
o teu goberno dura por xeracións.
14O Señor sostén a tódolos que caen
e endereita os que se dobran.
SEGUNDA
2 Tes 1, 11 - 2, 2:
Sexa glorificado en vós o nome de Cristo, e vós nel
PROCLAMACIÓN
DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS TESALONICENSES
Irmáns e irmás:
11Rogamos decote por vós, para que o noso Deus vos faga
dignos da chamada e para que
co seu poder faga realidade todo propósito de face-lo
ben e toda empresa de fe. 12Dese
xeito vós daredes gloria ó noso Señor Xesús Cristo e el
a vós conforme a gracia do noso
Deus e do Señor Xesús Cristo.
2 1Tocante á Parusía do noso Señor Xesús Cristo e da
nosa xuntanza con el, rogámosvos,
irmáns, 2que non abaledes tan axiña nos vosos criterios
nin vos desconcertedes por
supostas revelacións, ditos ou cartas nosas coma se o
Día do Señor estivese a caer.
ALELUIA
Xn 3, 16:
Tanto amou Deus o mundo,
que lle entregou o seu Fillo unixénito;
quen cre nel ten vida eterna.
EVANXEO
Lc 19, 1-10:
Veu o Fillo do home buscar e salva-lo que estaba perdido
PROCLAMACIÓN
DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
19 1Chegou Xesús a Iericó e pasaba atravesando a cidade.
2Había alí un home chamado
Zaqueo, xefe dos recadadores e moi rico. 3Intentaba ver
quen era Xesús; pero impedíallo a
xente, porque el era pequeneiro. 4Entón botou a correr e
subiu a unha figueira para velo,
porque ía pasar por alí. 5O pasar Xesús por aquel lugar,
levantou a vista e díxolle:
-Zaqueo, baixa de contado, que hoxe teño que parar na
túa casa.
6El, baixando de contado, acolleuno moi contento. 7Pero
vendo aquilo, a xente empezou a
murmurar:
-Entrou a se hospedar na casa dun pecador.
8Zaqueo, posto de pé, díxolle ó Señor:
-Señor, darei a metade de todo canto teño ós pobres e,
se algo roubei a alguén,
devolvereille catro veces máis.
9Entón Xesús dixo:
-Hoxe chegou a salvación a esta casa, pois tamén este é
fillo de Abraham. 10Porque o Fillo
do Home vén buscar e salva-lo que estaba perdido.
ENTRADA: Con ledicia vimos
LECTURAS: Pai, Pai, póñome nas túas mans
OFERTORIO: Grazas, Señor, na mañá
COMUÑÓN: Acharte presente na vida
TVG:
Comentarios
Publicar un comentario