Domingo 27 de Ordinario C
Primeira Lectura
Hab 1, 2-3; 2, 2-4
LECTURA DO LIBRO DE HABACUC
O xusto vive pola súa fe
Ata que día, Señor, hei de estar
pedindo auxilio,
sen que ti fagas caso?
Ata que día clamarei cara a ti: "Violencia",
sen que salves?
Por que me fas ver a iniquidade e me fas
contemplar o crime?
Rapina e violencia diante
de min: hai rifas e suscítase a disputa.
Respondeume o Señor e díxome:
‑Escribe a visión e grávaa
en taboíñas,
para que se lea de corrido,
pois aínda volverá ser unha
visión no seu momento,
falará da fin e non
mentirá.
Se tarda, espéraa, pois
virá e non demorará.
Velaí: o temerario faise
forte,
o seu alento camiña con el,
pero o xusto vivirá pola
súa fe..
Palabra do
Señor
R/. Grazas a Deus
SALMO
RESPONSORIAL Sal 94, 1-2. 6-7. 8-9
R/.
(8): Oxalá escoitedes hoxe a voz
do Señor!
Non endurezades vos vosos corazóns.
Vide, cantémoslle ó Señor,
aclamemos a nosa rocha salvadora;
acheguémonos á súa presenza
con loanza,
aclamémolo con cancións.
Vide, adorémolo prostrados,
axeonllémonos ante o Señor,
que nos creou.
El é o noso Deus
e nós somos o seu pobo,
o rabaño que guía a súa
man.
¡Se escoitásedes hoxe a súa
voz!
Non endurezades o corazón,
coma en Meribah,
coma o día de Masah, no
deserto,
cando vosos pais me
tentaron,
provocáronme aínda que
viran os meus feitos.
Segunda
Lectura 2 Tim 1, 6-8. 13-14
LECTURA DÁ SEGUNDA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO A TIMOTEO
Non te avergoñes do testemuño do noso Señor
Benquerido irmán:
Por esta mesma causa recórdoche que
reavíve-lo carisma de Deus, que hai en ti pola imposición das miñas mans. Porque
Deus non nos deu un espírito feble senón forte, de amor e de sobriedade. Non
teñas vergonza de noso Señor, nin de min, preso por el; ó contrario, faite
partícipe dos meus sufrimentos polo Evanxeo, contando co poder de Deus.
Mantén
coma regra as palabras saudables que me escoitaches verbo da fe e da caridade
de Cristo Xesús. Garda o precioso depósito por medio do Espírito Santo, que
mora en nós.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
ALELUIA 1 Pe 1, 25
Se non cántase, podar omitir
Aleluia, aleluia.
A palabra do Señor permanece eternamente;
e esta é a palabra que se vos anunciou.
Aleluia.
Evanxeo Lc 17, 5-10
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Se
tivésedes fe!
* ENTRADA: Eu soñei
* LECTURAS: Non vou so
* OFERTORIO: Velaquí, Señor, o viño
* COMUÑÓN: Acharte presente
TVG:
Comentarios
Publicar un comentario