Domingo 30 de Ordinario C
PRIMEIRA Eclo 35, 15b-17. 20-22a (gr. 12-14.
16-18)
A oración do humilde trastasará as nubes
PROCLAMACIÓN
DA PALBRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ECLESIÁSTICO
15Deus é un Deus
xusto
e non ten preferencias de persoa;
16non tomará parte contra o pobre
mais presta oídos ás demandas do asoballado,
17non refuga os saloucos do orfo
nin da viúva que repite o seu laio
20Semellante laio acada o seu favor,
o seu berro chega ata as nubes.
21O grito do pobre traspón as nubes,
non apousa ata chegar á meta,
non cede ata que Deus o atende
e que o xuíz veraz faga xustiza;
22tampouco Deus a retardará
SALMO
RESPONSORIAL Sal 33, 2-3. 17-18. 1-9 e 23
R/ (7a): Clamou o pobre e Deus escoitouno
2Eu bendigo ó
Señor en todo instante,
teño sempre na boca a súa louvanza;
3gloríome no Señor,
e os humildes alégranse, ó escoitalo.
17mais o Señor mira con enfado ós malvados,
para borrar da terra a súa memoria.
18Claman aqueles, e o Señor escoita,
líbraos de tódalas angustias.
19O Señor está
preto do aflixido,
salva ó asoballado.
23O Señor redime os seus servos:
non será castigado quen a El se acolle.
SEGUNDA
2 Tim 4, 6-8. 16-18
Finalmente daráseme a coroa de xustiza
PROCLAMACIÓN
DA PALBRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO A TIMOTEO
Benquerido irmán:
A min xa me falta pouco para derrama-lo meu sangue, e o
meu pasamento está a chegar.
7Combatín unha loita brillante, rematei a miña carreira,
gardei a fe. 8O que me resta é a
coroa da xustiza que me está reservada. E o Señor, que é
xuíz xusto, hama entregar aquel
Día. E non só a min senón a tódolos que arelan a súa
Vinda gloriosa.
16Na miña primeira defensa non me asistiu ninguén, todos
me deixaron. ¡Que Deus llelo
perdoe! 17Pero o Señor asistiume e deume forza para que
eu rematase a predicación e
tódalas nacións a escoitaran. E libroume da boca do
león. 18O Señor hame librar de toda
obra perversa e hame manter vivo para o seu Reino
celestial. Sexa para El a gloria polos
séculos dos séculos. Amén.
ALELUIA 2 Cor 5, 19:
Deus, en Cristo, reconcilia ó mundo consigo,
e deunos a nós unha palabra de reconciliación
EVANXEO
Lc 18, 9-14
Baixou o publicano xustificado para a súa casa ó
contrario que o fariseo
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
9Xesús propuxo
esta parábola dirixíndose a uns que estaban moi seguros de si mesmos,
créndose perfectos e desprezando os demais:
10-Dous homes subiron ó templo a orar; un era fariseo e
outro recadador de impostos.
11O fariseo, de pé, oraba para os seus adentros deste
xeito: "Meu Deus, douche gracias
porque non son coma os demais: ladrón, inxusto e
adúltero; nin coma ese recadador.
12Gardo o xexún dúas veces por semana e pago o dezmo de
todo canto gaño".
13O recadador, en troques, manténdose a distancia, non
se atrevía nin a levanta-los ollos ó
ceo, senón que petando no peito dicía: "Meu Deus,
ten compaixón de min, que son un
pecador".
14Asegúrovos que este baixou reconciliado con Deus para
a súa casa e, en cambio, o outro
non. Porque a todo o que se teña por moito rebaixarano e
a todo o que se rebaixe
enaltecerano.
CANTO GOZOSO
TVG:
Comentarios
Publicar un comentario