Xesús, coma Elías e Eliseo, non é mandado soamente para os xudeus
Domingo 4 de ordinario - ciclo C
XESÚS,
PROMETEMOS ESCOITARTE
E SEGUIRTE
Xesús, prometemos escoitarte e seguirte
cando nos fales, de día ou de noite,
a través das palabras e da vida da xente
que atopamos ao saír á rúa.
Xesús, prometemos non apegamos ao noso,
ao noso xeito de ver e de entender,
aos nosos medos, seguridades e verdades,
para poder descubrir mellor a túa novidade.
Xesús, prometemos andar con humildade,
cos ollos do corpo e do espírito ben abertos
para descubrir o teu paso, as túas pegadas,
a túa figura no acontecer vivo e cotiá da historia.
Xesús, prometemos entregar o noso orgullo,
estarmos atentos aos profetas de dentro e de fóra,
deixarnos axudar, curar e amar,
para gozar e sementar a túa boa nova.
Xesús, prometemos non aferramos á nosa terra,
non defender privilexios que outros non poidan acadar,
ver os teus sinais onde ti queiras
e non gastar enerxías en pelexas inútiles.
Xesús, prometemos non ser amigos de normas e dogmas,
non empurrar a ninguén por camiños de morte,
pararme xunto a quen está en esquinas e beirarrúas
e chamar sempre ás portas da túa misericordia.
Xesús, prometemos calar e escoitar,
ver e contemplar, seguir e obedecer,
aínda que nos pareza pequena e sen brillo,
a túa presenza pobre no medio dos pobres.
Comentarios
Publicar un comentario