Reflexións de Coresma I - O xaxún, a cinza e a abstinencia


A CORESMA



A cinza
Quere ser o recoñecemento da nosa condición humana, tan limitada e corruptible. Quere ser un toque de atención ao noso orgullo e autosuficiencia. Pero é, sobre todo, unha chamada a pór o fundamento da nosa existencia, non en nós mesmos, senón en Cristo Salvador, o que pode librarnos da corrupción e a morte. Cristo é medicamento de inmortalidade. Por iso, ao impor a cinza, dise: «Crede no Evanxeo», crede a boa noticia de Xesucristo.

A Cinza que Deus quere:
- Que non te gloríes de ti mesmo; os teus talentos recibíchelos para servir.
- Que non te consideres dono de nada, só humilde administrador.
- Que aprecies o valor das cousas sinxelas.
- Que vivas o momento presente.
- Que non temas a morte.



O xaxún e abstinencia
Como signo de austeridade. Pídese algún rigor na comida e absterse de carne en certos días. Antes, o non comer carne podía supor bastante sacrificio. Pero non importa a materialidad, senón o espírito. A austeridade fainos máis libres e máis solidarios. Non importaría comer un pouco máis ou un pouco menos, importa o superar vicios e apegos e o ofrecer o froito do teu xaxún aos famentos do mundo.

O xaxún e a abstinencia que Deus quere:
- Que non sexas escravo do consumo, do tabaco, de nada.
- Que non gastes tanto en moda, caprichos, marcas.
- Que non pases tanto tempo ante a TV e saibas discernir e controlar.
- Que sexas solidario e xeneroso.
- Que prefiras pasar ti necesidade antes de que a pase o irmán.



Comentarios

Publicacións populares