Domingo 2 de Coresma - ciclo C
2º DOMINGO DE
CORESMA - CICLO C
Primeira Lectura Xen 15, 5-12. 17-18
LECTURA DO LIBRO
DA XÉNESE
Deus establece alianza co fiel
Abrahán
Naqueles
días, Deus levou fóra a Abrahán e prometeulle:
‑
"Olla cara ao ceo e conta as estrelas, se é que podes. Así terás de
descendentes". Abrahán creu ao Señor, que llo tivo en conta para a
xustificación.
Despois
díxolle o Señor:
‑
"Eu son o Señor, que te sacou de Ur dos Caldeos, para che dar en herdo
esta terra".
Abrahán
preguntou:
‑
"Señor e dono meu, como saberei que será miña?"
O
Señor respondeu:
‑
"Tráeme unha becerra, unha cabra e un carneiro, todos eles de tres anos, e
mais unha rula e unha pomba".
Abrahán
trouxo todo, partiu os animais polo medio e puxo unha metade fronte á outra;
pero as aves non as partiu. Os voitres descendían á carnada, e Abrahán
espantábaos.
Cando
o sol estaba para se pór, apoderouse de Abrahán un sono profundo e invadiuno
unha escura ansiedade.
Cando
se puxo o sol e se fixo noite pecha, Abrahán viu pasar entre os membros dos
animais tallados un fume coma de forno e un facho de lume.
Aquel
día fixo o Señor con Abrahán esta alianza:
‑
"Ós teus descendentes dareilles esta terra, desde o torrente de Exipto ata
o gran río Éufrates,
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
SALMO
RESPONSORIAL Sal 26, 1. 7-8. 9abc. 13-14
R/. (1a): O Señor é a miña luz
e salvación.
O Señor é a miña luz e salvación,
a quen hei temer?
O Señor é a protección da miña
vida,
diante de quen hei tremer?
Escoita, Señor, a miña voz, que
estou clamando,
ten misericordia de min,
respóndeme.
O meu corazón dixo de ti:
"Buscade o meu rostro".
O teu rostro eu busco, Señor.
Non afastes de min o teu rostro.
Non rexeites con ira o teu servo,
Ti es a miña axuda.
Eu espero gozar da bondade do
Señor
na terra da vida.
Espera no Señor, procede coma un
valente,
ten corazón forte, espera no
Señor.
Segunda Lectura Flp 3, 17 -- 4, 1 (longa)
LECTURA DA CARTA
DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS FILIPENSES
Cristo hanos configurar co seu
corpo glorioso
Irmáns:
Seguide
todos o meu exemplo e reparade nos que camiñan conforme o modelo que tedes de
nós. É que moitos ‑ dos que xa vos teño falado e agora falo a chorar ‑ pórtanse
coma inimigos da cruz de Cristo. Esa xente vai acabar na perdición; o Deus dela
é o seu bandullo; a súa gabanza está na vergonza: xente que só se interesa
polas cousas terreais.
Pero
a nosa patria está no ceo, de onde nós agardamos un salvador, Xesús Cristo, o
Señor. El ha transformar o noso pobre corpo, configurándoo ao corpo da súa
condición gloriosa, de acordo coa súa virtualidade para sometelo e para someter
a si mesmo todas as cousas.
Polo
tanto, meus irmáns tan queridos e por quen sinto saudades, miña alegría e
coroa, seguide así firmes no Señor, queridiños!
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
___________________________________________
Ou máis breve: 3, 20 -- 4, 1
LECTURA DA CARTA
DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS FILIPENSES
Irmáns:
A
nosa patria está no ceo, de onde nós agardamos un salvador, Xesús Cristo, o
Señor. El ha transformar o noso pobre corpo, configurándoo ao corpo da súa
condición gloriosa, de acordo coa súa virtualidade para sometelo e para someter
a si mesmo todas as cousas.
Polo
tanto, meus irmáns tan queridos e por quen sinto saudades, miña alegría e
coroa, seguide así firmes no Señor, queridiños!
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
VERSÍCULO
Oíuse a voz do Pai, que dicía
desde a resplandecente nube:
Este é o meu Fillo benquerido:
escoitádeo.
Evanxeo Lc 9, 28b-36
LECTURA DO SANTO
EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Transfigurouse o seu rostro
mentres oraba
Naquel
tempo, Xesús colleu a Pedro, a Xoán e mais a Santiago e subiu ao monte a orar.
Mentres estaba orando, cambiou o aspecto do seu rostro, e os seus vestidos
viraron brancos e resplandecentes.
De
súpeto apareceron dous homes falando con el; eran Moisés e mais Elías. Tiñan un
aspecto glorioso e falaban do seu éxodo que remataría en Xerusalén. Pedro e
mailos outros caían co sono, pero, manténdose espertos, contemplaron a súa
gloria e os dous homes que o acompañaban. Cando eles se arredaban, díxolle
Pedro a Xesús:
‑
Mestre, que ben que esteamos nós aquí! Queres que vos fagamos tres tendas, unha
para ti, outra para Moisés, e outra para Elías?
Pero
non sabía o que dicía. E mentres falaba, unha nube cubriunos coa súa sombra;
eles quedaron moi asustados ao entraren nela. Entón unha voz dixo desde a nube:
‑
Este é o meu Fillo, o Elixido: escoitádeo.
Cando
a voz acabou, Xesús apareceu só. E eles gardaron silencio. E non lle dixeron a
ninguén nada do que viran naqueles días.
Palabra do Señor R/. Loámoste,
Cristo
DO
TABOR DOS ILUSOS Á SOCIEDADE DOS COLECTIVOS INVISIBLES
TOMADO DE: remoldapalabra.blogspot.com
SÍMBOLO
CORESMAL
Continuamos desenvolvendo o sinal do colector de lixo que
temos escollido para esta coresma. Hoxe botaremos nel canto fai de nós persoas
cómplices da invisibilidade de tantas persoas na sociedade da que formamos
parte.
Neste segundo domingo, o noso colector será gris e levará
escrito: “O Señor é a miña luz e a miña salvación”.
PÓRTICO
Como
se non fósemos conscientes do que está ocorrendo, cada día son máis os
colectivos que a sociedade vai deixando nas beiras, entrando na dinámica da
invisibilidade, como se esquecer, aparcar ou non falar de persoas e situacións
supuxera que xa non están, que desapareceron, que xa non son problema. E tan
así é que pouco a pouco a sociedade vai permitindo que esta invisibilidade
creza. De certas cousas non se fala –control ideolóxico para evitalo-,
cámbianse as palabras para que non asomen con toda a dureza do seu significado,
evítase calquera referencia a colectivos que están pasando por momentos de
dificultade ou foron enganados por aqueles nos que confiaban. Prodúcese así o
paradoxo de que na sociedade da información, vívese na máis absoluta
desinformación. O que hai que dicir, cando dicilo, como dicilo... regúlase,
contrólase e modúlase, como se non mostrar a realidade supuxese que non existe!
Teremos que seguir calados e adormecidos diante desta situación?
O
Evanxeo de hoxe, a Transfiguración, volve invitarnos a caer na conta de que
escapar da realidade ou varrer para debaixo da alfombra non da solución aos
problemas; pola contra, só poñendo os pés no chan seremos capaces de abordalos
e intentar superalos.
Que
a celebración de hoxe esperte en nós a forza para non volvernos indiferentes
diante dos que, querendo ocultarnos a realidade, trátannos coma se foramos
monicreques.
O PERDÓN
*
Por ter desconectado da realidade e dos seus problemas
para pecharnos nas nosas actitudes individualistas, SEÑOR, QUE NON CAIAMOS NA INDIFERENZA.
*
Por deixarnos vencer pola preguiza que nos fai
despreocupados e distantes dos problemas e dificultades dos veciños, CRISTO, QUE NON CAIAMOS NA INDIFERENZA.
*
Por seguir a política do avestruz, e escapar dos
problemas e dificultades, como se non facerlles fronte supuxese a súa
desaparición, SEÑOR, QUE NON CAIAMOS NA
INDIFERENZA.
REMUÍÑO
Hoxe a Palabra márcanos un roteiro de viaxe:
ü CONFÍA:
A
confianza que Deus manifesta en Abrahán pon a este no camiño da Alianza. Con el
establece un compromiso de ser o que acompañe, anime, alente o descorrer do
pobo de Israel; e non hai outra razón para que iso sexa así que a de que é Deus
mesmo o que o quere. Sen intermediarios, sen mediacións, sen ninguén que poida
utilizar esta oferta no seu beneficio. Este saír ao encontro por parte de Deus
é o que move a Abrahán a dicir que si, a responder, logo das súas dúbidas e
vacilacións, con confianza á confianza que Deus puxera nel. Un si co que dá
comezo á historia da relación e amor entre Deus e o seu pobo. Pero tamén unha
historia na que diante da fidelidade e confianza por parte de Deus, se atopaba
moitas veces a infidelidade e desconfianza por parte do pobo. Deus estaba... o
pobo, non sempre. Unha experiencia coma esta pode servirnos a nós hoxe, segundo
domingo de coresma, para que tamén nos preguntemos se somos capaces de percibir
a confianza e fidelidade que Deus vai poñendo en nós, na nosa vida, no noso
proxecto de realización persoal.
ü SAE:
Unha vez que confías,
cómpre dar un paso máis.... liberarse das ataduras. Sae do teu templo, dos teus
costumes relixiosos, do teu culto rutineiro e baleiro, de todo aquilo co que
cres poder comprar a Deus. Sae de ti mesmo, do teu illamento, do teu refuxio,
das túas seguridades, dos teus complexos… despóxate do teu poder, dos teus
bens, da nosa prepotencia cultural…. Porque para camiñar cómpre ir o máis
lixeiro posible. A fe non adormece nin as nosas conciencias nin a percepción da
realidade; ao contrario, mantena viva e axúdanos a non pasar como se o que
ocorre non fora con nós.
ü SUBE: A meta final non está no aplauso ou no recoñecemento dos
aduladores, senón na tarefa, nada doada, de renunciar ao cómodo, ao fácil, á
palmada nas costas dos que só nos queren namentres lles valemos, para poñernos
a camiñar buscando razóns, proxectos e esperanzas que nos cambien, persoal e
comunitariamente, e fagan de nós crentes comprometidos na defensa das causas
xustas que teñan á persoa como centro, e non como simple peón a utilizar
segundo intereses persoais. Non todo o camiño é chan; pero nel iremos atopando
cos acontecementos da vida e descubrindo a presenza do Señor. Non teñamos medo,
non nos deixemos levar polos profetas de calamidades. Atoparemos pendentes,
baixadas, curvas..... tamén rectas. Pero, de seguro que o Señor vai con nós...
E sabendo que estamos de paso, e que só en Deus atoparemos o verdadeiro acougo.
ü ESCOITA:
Pedro falaba moito, e non sabía o que dicía. Na nosa sociedade, na que son
moitos os discursos, na que hai saturación de palabras, onde todos din que
teñen algo que ofrecer, ás veces queda pouco tempo para a reflexión e podemos
deixarnos levar polo que nos resulta máis gracioso, cómodo ou fácil. Por iso
cómpre que saibamos facer silencio para poder escoitar a Palabra de Deus, o
berro dos irmáns e das irmás, as sinais da historia. Porque…escoitar é
confianza e compromiso.
ü BAIXA:
O
evanxeo da Transfiguración do Señor que vimos de proclamar é un lóstrego ás
nosas conciencias para saír do pasmonearía que moitas veces nos invade. É
verdade que Paulo nos lembra que somos cidadáns do ceo, pero iso non é quere
dicir, como moitos pensan, “estar nas nubes”, pasar das cousas da terra, vivir
desarraigado do momento e da circunstancia na que se vive, sen compromisos
concretos, sen preocupacións polas cousas e polas persoas, sen ler e
interpretar “os sinais dos tempos. Cidadán e cidadá do ceo terá máis ver co
feito de proxectar a nosa vida desde os valores de Deus, estando presentes no
noso entorno con toda intensidade para poñer en cada acontecemento, por pequeno
que sexa, un sentido sobrenatural, en persoas que viven con estilo
transcendente e que xusto por iso non escapan das responsabilidades que teñen
como membros da sociedade.
ü DEIXA
PEGADA:
Tabor
e Calvario son dous montes que enmarcan a vida pública de Xesús. Tabor e
Calvario compleméntanse e enmarcan o discurso da existencia cristiá. Hai que
subir ao Tabor desde a rutina da vida para ver, para coller folgos e esperanza
no camiño; pero non hai que perder de vista a terra, non sexa que o resplandor
e os alustros do Tabor se convertan en fogos artificiais, e a esperanza se
desvaneza en ilusións. Tabor e Calvario son tamén dous xeitos de posicionarse
na vida e fronte a vida. Nós, que estamos no Tabor da sociedade do benestar,
miramos o mundo coma o reino da liberdade, cheo da luz dos Dereitos Humanos,
lanzado cara ao progreso, o desenvolvemento, o crecemento... Pero fronte desta
visión, moitos irmáns nosos viven no Calvario, é a sociedade doente dos que
agonizan na cruz do subdesenvolvemento, da pobreza inxusta, da fame
innecesaria, do salario e da pensión discriminada. Por iso non é de recibo que
digamos “que ben se está aquí” e que fagamos oídos xordos aos berros de tantas
e tantas persoas que piden xustiza. Hai que baixar da montaña máxica, do falso
Tabor no que poñen as súas tendas os poderosos, porque os cristiáns e cristiás
temos a obriga de mostrarlles a estas persoas que Deus está con eles.
Ao
noso colector do lixo, hoxe poderiamos, -desde a escoita atenta desta palabra
coa que Deus nos fala-, botar todo canto nos fai crer inmunes a todo e non
necesitados de nada nin de ninguén, porque o falso conforto afástanos de Deus e
fainos insolidarios cos irmáns. Non sexamos, logo, tan ilusos como para crer
que todo vai ben, a pesares da invisibilidade coa que a nosa sociedade vai
cubrindo e escondendo a quen non lle gusta ou pon en cuestións a súa “falsa”
imaxe. Baixemos do pedestal para non vivir do conto coma os que se cren por
riba dos demais, imprescindibles e necesitados de que os outros se humillen
diante deles. Que mellor que o tempo de coresma para baixar deste falso Tabor.
ORACIÓN DA COMUNIDADE
Porque non queremos quedarnos mirando ao ceo, senón
poñernos na túa man para sentir a forza que nos mova a aportar o noso gran de
area na búsquea de solucións aos problemas que estamos a sufrir na comunidade,
dicimos:
PAI/ NAI, QUE BUSQUEMOS
SEMPRE EN TI A CONFIANZA DOS FILLOS
*
Que neste tempo de coresma camiñemos na sinceridade de
botar ao colector do lixo canto nos fai covardes, insolidarios e indiferentes
diante dos problemas dos irmáns e irmás, OREMOS.
PAI/ NAI, QUE BUSQUEMOS
SEMPRE EN TI A CONFIANZA DOS FILLOS
*
Que neste tempo de coresma fagamos da nosa experiencia de
fe un esforzo continuado por botar no colector do lixo o que nos leva a
desconfiar de Ti, a afastarnos da oración como puntal de cada día, o que nos
fai cómodos e parasitos, OREMOS.
PAI/ NAI, QUE BUSQUEMOS
SEMPRE EN TI A CONFIANZA DOS FILLOS
*
Que neste tempo de coresma nos esforcemos por non dar as
costas aos irmáns que viven situacións de perda de traballo, enfermidade,
dificultades de relación e comunicación nas familias ou desconsolo e desencanto
pola traizón de persoas que consideraban amigas, OREMOS
PAI/ NAI, QUE BUSQUEMOS SEMPRE EN TI A CONFIANZA DOS
FILLOS
Pai/Nai, que saibamos descubrir a túa presenza no camiñar
persoal e comunitario ao que nos enfrontamos cada día, para así non deixarnos
levar pola indiferenza e o desencanto diante das dificultades. P.X.N.S. Amén.
PARA A REFLEXIÓN
Para
estar contigo,
libérome
da miña alforxa,
quito
as miñas gafas,
esquezo
a miña axenda,
gardo
a pluma no meu peto,
boto
a un lado o meu reloxo,
despóxome
da miña roupa,
despréndome
das miñas xoias,
renuncio
ao meu anel,
quito
os meus zapatos,
deixo
tamén as miñas chaves...
Para
estar contigo.
E
despois de estar contigo....
Tomo
as chaves para poder abrir as túas portas,
calzo
os zapatos para poder andar polos teus vieiros,
poño
o anel para comprometerme contigo,
adórnome
con xoias para asistir á túa festa,
visto
a túa roupa para saír ao teu mundo,
recupero
o meu reloxo para vivir ao compás do teu tempo,
collo
a miña pluma para escribir os teus pensamentos,
recobro
a axenda para non esquecer
as
túas citas comigo e as miñas citas comigo,
Poño
as gafas, para poder ver o mundo ao teu xeito.
E cargo coa miña
alforxa, para levar e sementar as túas promesas.
CANTOS
ENTRADA:
Andarei na
presenza do Señor
LECTURAS:
Seguirei
os teus pasos
OFERTORIO:
Déixate
querer
COMUÑÓN:
Quédate
Señor connosco
POWER
POINTS
rtvg
Domingo 2 de Coresma - ciclo C
Comentarios
Publicar un comentario