Transfigurouse o seu rostro mentres oraba - Lc 9, 28b-36
Domingo 2 de Coresma - ciclo C
CONVERTERSE É
MIRAR NOUTRA DIRECCIÓN
Converterse é mirar
noutra dirección,
máis alá, máis
lonxe, máis profundo.
Converte a miña
mirada, Señor,
para que saiba ver
o amor escondido;
para que descubra
as feridas
dos que me rodean
e queira curalas.
Transforma a miña
mirada, Señor,
para que intúa as
posibilidades
de paz, de
concordia, de xustiza, de amor.
Converte a miña
mirada, Señor.
Converterse é
comprometerse
un pouco máis, un
pouco mellor...
Axúdame a loitar
pola miña familia.
Dáme coraxe para
perseverar
cando o camiño se
faga difícil.
Dáme paciencia para
aturar
os obstáculos sen
renderme.
Dáme ilusión para
seguir crendo
cando me quede sen
apoios.
Dáme forza para
complicarme
batallas boas.
Dáme mans para
acariñar,
pés para camiñar,
palabra para
cantar,
sempre a favor dun
mundo bo.
Faime alguén
comprometido
co meu mundo,
Señor.
Dáme fe e forzas
para comezar
hoxe este camiño de
conversión.
Converterse é mirar
noutra dirección,
máis alá, máis
lonxe, máis profundo.
Comentarios
Publicar un comentario