Reflexións de Coresma II - A oración





A oración
A oración é vida da alma, necesidade permanente. No tempo cuaresmal intensifícase escóitaa da palabra e a relación dialogal con Deus. Ofrécesenos o exemplo de Cristo, que se retiraba ao deserto e subía á montaña para orar.

A oración que Deus quere:
- Que sexa íntima e auténtica, «en espírito e verdade».
- Que deixes ao Espírito que ore en ti sempre.
- Que non deixes de repetir: Abba.
- Que che unas aos irmáns na oración, que che unas á Igrexa orante.
- Que aprendas a escoitar.

POWER POINT: Coresma-oración

Adaptación de : mensajerosanantonio

----------------------------------------------------------

ORACIÓNS POLO PAPA



Xn 21, 15-17 

 Apacenta os meus años, apacenta as miñas ovellas

   

   En [habéndose manifestado Xesús ós seus discípulos e] cando xa comeran, preguntoulle a Simón Pedro:

-Simón de Xoán ¿ámasme mais ca estes?

El contestoulle:

-Si, Señor, ti sabes que te quero.

Xesús díxolle:

-Apacenta os meus años.


E de novo preguntoulle por segunda vez:

-Simón de Xoán, ¿ámasme?

El respondeulle:

-Si, Señor, ti sabes que te quero.

Xesús díxolle:

-Apacenta as miñas ovellas.

   E preguntoulle por terceira vez:

-Simón de Xoán, ¿quéresme?


Entristeceuse Pedro de que lle preguntase por terceira vez ''¿quéresme?'', e respondeulle:

-Señor, ti sábelo todo, ti ben sabes que te quero.

Xesús díxolle:

-Apacenta as miñas ovellas.





Oración do Libro Oficial de Oracións da Igrexa Católica

Oh Deus, que na túa providencia quixestes edificar a túa Igrexa sobre San Pedro, xefe dos apóstolos, fai que o noso papa, que constituíches como sucesor de Pedro, sexa para o noso pobo o principio e o fundamento visible da unidade da fe e da comuñón na caridade.
Polo noso Señor Xesucristo, o teu Fillo, na unidade do Espírito Santo. Amén

Oh Deus, que escolliches ó teu servo como sucesor do apóstolo Pedro como pastor de todo o rabaño, atende as súplicas do teu pobo. Concede ao que fai ás veces do Cristo na terra continuar na fe seus irmáns para que toda a Igrexa se manteña en comuñón co vínculo da unidade, do amor e da paz ata que, en Ti, pastor das almas, cheguemos todos á verdade e á vida eterna.
Polo noso Señor Xesucristo, o teu Fillo, na unidade do Espírito Santo. Amén

POWER POINT: Bieito XVI renuncia

Comentarios

Publicacións populares