Hei cantar para ti diante dos anxos, Señor - Salmo 137

Domingo 5 de Ordinario - ciclo C



TESTEMUÑAS DE XESÚS

Queremos ser mensaxeiros da túa Palabra;
danos valentía para levala
por todos os recunchos da nosa sociedade, Señor.

Queremos ser sementadores da túa Esperanza;
danos perseveranza para non baixar os brazos e empezar
cada día como se fose o primeiro día de labranza.

Queremos ser anunciadores de Boas Novas;
danos alegría para contaxiar a outros
a gratuidade do teu amor.

Queremos ser unha man tendida ao outro;
danos compaixón para sentir co teu espírito
e actuar co teu compromiso.

Queremos ser construtores de comunidade;
danos comprensión para escoitar,
para fortalecer relacións, para unir as persoas.

Queremos ser peregrinos dos teus camiños;
estar sempre en movemento, sen instalamos,
sedentos sempre de busca e de encontro.

Amósanos o horizonte, mantén vivas as utopías,
axúdanos a seguir sempre adiante.

Queremos ser as túas testemuñas, Señor da Historia;
queremos mostrar coa nosa vida
que Ti estás no medio de nós.

Dános a fe a toda proba de tantos que,
a diario e sen primeiras planas, fan santo o teu nome
porque fan presente neste mundo o Deus connosco,
coa vida, testemuño e exemplo de irmáns de todos.

                                                                            Marcelo A. Murúa 

Comentarios

Publicacións populares