Domingo 4 de Ordinario - ciclo C
IV DOMINGO DO TEMPO ORDINARIO - CICLO C
Primeira Lectura Xer 1, 4-5.
17-19
LECTURA DO PROFETA XEREMÍAS
Fíxente profeta para as nacións
Nos días de Iosías, a
palabra do Señor veume dicir:
‑ Antes de te sacar do
seo da túa nai, mireite;
antes de lle saíres das entrañas, consagreite;
constituínte profeta para as nacións.
Pero ti has cinguir o
teu van,
has erguerte e dicirlles
todo o que eu che mande.
Non te acovardes por
medo deles,
non sexa que eu te faga esmorecer diante deles.
Fíxate: hoxe convértote
en cidade cortada a pico,
en columna de ferro, en muralla de bronce, para todo o país,
para os reis de Xudá e para os seus príncipes,
para os seus sacerdotes e para a xente do campo.
Faranche guerra, pero
non poderán contigo,
pois contigo estou eu para te salvar ‑ é o Señor quen fala ‑.
Palabra
do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL Sal
70, 1-2. 3-4a. 5-6ab. 15ab e 17
R/. (cf. 15ab): A miña boca pregoa a túa salvación, Señor.
R/. (cf. 15ab): A miña boca pregoa a túa salvación, Señor.
Abrígome en ti, Señor,
que endexamais me vexa defraudado;
líbrame pola túa xustiza, e deféndeme;
inclínate cara a min, e sálvame;
ven axiña, ven librarme.
Sexas para min a rocha que me defende,
o forte castelo onde me salve,
xa que ti es a miña fortaleza e o meu refuxio.
Rescátame, meu Deus, do poder dos malvados.
Ti es, Señor, a miña esperanza;
ti, Señor, a miña confianza desde a mocidade.
Desde o nacemento apóiome en ti,
desde o seo materno ti es o meu amparo.
A miña boca pregoa a túa xustiza,
pregoa decote a túa salvación.
Dende a miña mocidade ensináchesme, oh Deus,
e aínda hoxe canto os teus prodixios.
Segunda Lectura 1 Cor 12,
31 -- 13, 13 (máis longa)
LECTURA DA 1ª CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS
CORINTIOS
Permanecen a fe, a esperanza, e o amor; pero delas a meirande é o amor.
Irmáns:
Cobizade os carismas
mellores. Pero aínda vos hei mostrar o camiño por excelencia.
Por moito que eu
falase as linguas todas dos homes e as dos anxos, se non tiver amor, non sería
máis ca un bronce que resoa ou un pandeiro que repenica.
Por moito que eu
falase inspirado e comprendese todos os misterios e mais toda a ciencia e
tivese tanta fe que movese os montes, se non tiver amor, non sería nada.
Por moito que eu
reparta todo o que teño e me deixe queimar vivo, se non tiver amor, non me
sería de proveito ningún.
O amor é de corazón
grande, é servizal. O amor non ten envexa, non ten fachenda, non se
ensoberbece; non é malcriado, non busca a súa comenencia, non se alporiza, non
garda malicia; non simpatiza coa inxustiza, senón que se alegra coa verdade.
Desculpa sempre, fíase sempre, espera sempre, atura sempre.
O amor non pasa
endexamais; mentres que as profecías desaparecerán, as linguas calarán, a
ciencia acabará. Porque a nosa ciencia é limitada, e limitada é a nosa
inspiración: e cando veña o perfecto, desaparecerá o limitado.
Cando eu era neno,
falaba coma un neno, pensaba coma un neno, razoaba coma un neno; cando cheguei
a home, deixei de lado as cousas de neno.
Do mesmo xeito: agora
vemos nun espello, escuramente; pero daquela habemos ver cara a cara. Agora
coñezo dun modo incompleto; pero daquela hei coñecer tan ben coma Deus me
coñece a min.
En resumo: hai tres
cousas que permanecen: a fe, a esperanza, e o amor. Pero delas a meirande é o
amor.
Palabra
do Señor R/.
Grazas a Deus
____________________________________________________
Ou máis breve: 13, 4-13
LECTURA DA 1ª CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS
CORINTIOS
Irmáns:
O amor é de corazón
grande, é servizal. O amor non ten envexa, non ten fachenda, non se
ensoberbece; non é malcriado, non busca a súa comenencia, non se alporiza, non
garda malicia; non simpatiza coa inxustiza, senón que se alegra coa verdade.
Desculpa sempre, fíase sempre, espera sempre, atura sempre.
O amor non pasa
endexamais; mentres que as profecías desaparecerán, as linguas calarán, a
ciencia acabará. Porque a nosa ciencia é limitada, e limitada é a nosa
inspiración: e cando veña o perfecto, desaparecerá o limitado.
Cando eu era neno,
falaba coma un neno, pensaba coma un neno, razoaba coma un neno; cando cheguei
a home, deixei de lado as cousas de neno.
Do mesmo xeito: agora
vemos nun espello, escuramente; pero daquela habemos ver cara a cara. Agora
coñezo dun modo incompleto; pero daquela hei coñecer tan ben coma Deus me
coñece a min.
En resumo: hai tres
cousas que permanecen: a fe, a esperanza, e o amor. Pero delas a meirande é o
amor.
Palabra
do Señor R/.
Grazas a Deus
ALELUIA Lc 4, 18
Se non se canta, pódese omitir
Aleluia, aleluia.
O Señor mandoume evanxelizar os pobres;
a predicarlles a liberación aos cativos
Aleluia.
Evanxeo Lc 4, 21-30
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Xesús, coma Elías e Eliseo, non é mandado soamente para os xudeus
Naquel tempo,
empezoulles a dicir Xesús na sinagoga:
‑ Hoxe cúmprese diante
de vós esta pasaxe da Escritura.
E todos se lle puxeron
á contra, estrañados polas palabras de graza que saían da boca del. E dicían:
‑ Pero non é este o
fillo de Xosé?
El díxolles:
‑ Seguramente me
recordaredes aquel refrán: Médico, cúrate a ti mesmo; todo canto oímos que
fixeches en Cafarnaúm, faino aquí na túa terra.
Pero el continuou:
‑ Asegúrovos que
ningún profeta é ben recibido na súa terra. Tede por seguro que no tempo de
Elías había moitas viúvas en Israel, cando o ceo estivo pechado durante tres anos
e seis meses e unha gran fame anegou todo o país; e a ningunha delas mandaron a
Elías, senón a unha muller viúva de Sarepta, en Sidón.
E moitos gafos había
en Israel no tempo de Eliseo, o profeta, e a ningún deles curou, fóra de
Naamán, o sirio.
Oíndo estas cousas, todos
os que estaban na sinagoga puxéronse feitos unhas feras; así que, erguéronse,
botárono fóra da vila, levárono ata o alto do monte no que está edificada, coa
intención de o precipitaren embaixo. Pero el botou a andar polo medio deles e
marchou.
Palabra
do Señor R/.
Loámoste, Cristo
AS
DIFICULTADES SON MOITAS E ESPERANZA POUCA.
NECESITAMOS
PROFETAS QUE NON SE DEIXEN ARRASTRAR POLO DESCORAZONAMENTO QUE NOS VAI
INVADINDO A TOD@S
TOMADO DE : remoldapalabra.blogspot.com
PÓRTICO
Que
doado é falar, pero que difícil actuar, facer, comportarse segundo o que
dicimos ter claro!. Este paradoxo, do que ningún de nós estamos excluídos, é o
que nos quere plantexar a palabra que imos proclamar na celebración. As cousas
non resultan fáciles, e na sociedade das tecnoloxías máis avanzadas sobran
pretendidos mestres e fáltannos verdadeiras testemuñas. faltan profetas de
ilusión e cambio, profetas de renovación e loita, profetas con visión de
futuro, profetas que non estean dispostos nunca a deixar que o presente
esmoreza, porque o actuar interesado e sempre calculado de quen só ve e busca
resultados, sen pararse a coñecer, escoitar e dialogar coas persoas, non crea
máis que frustración.
Acheguémonos á mesa da
fraternidade dispoñéndonos a deixar que a palabra proclamada vaia enchoupando
vida e accións.
PERDÓN
*
Cando o fracaso e a frustración queiran aniñar en nós, SEÑOR, AXÚDANOS A ESCORRENTALOS.
*
Cando a tentación
do sectarismo e a exclusión nos invadan, CRISTO,
AXÚDANOS A ESCORRENTALOS.
*
Cando cedemos á tentación de deixar morrer a fe, minguar
a esperanza e cousificar o amor, SEÑOR,
AXÚDANOS A ESCORRENTALOS.
REMUÍÑO
ü Cando dicimos que a mensaxe de Xesús e a fe que dela emana é universal,
queremos poñer de manifesto que a acción de Deus vaise expresando na práctica
do ben dos que nos chamamos seguidores seus; non no que as persoas chamamos, e
tamén moitas veces facemos: a discriminación. Diante da tentación dos que
reivindican en exclusiva a Deus coma seu, coma único para eles ou como só
preocupado polas súas cousas, afastando, marxinando e sometendo aos que rezan
distinto e cren doutro xeito, o Deus cristián móstrase -e vimos de escoitalo
nos textos que temos proclamado-, como o que abarca a tod@s, o que abre os seus
brazos para permitir unha aperta agarimosa e incluínte, na que tod@s temos
acubillo e na que ninguén queda nin ás portas nin se lle trata coma un
apestado. Este xeito de actuar de Deus é o que marabilla a aqueles que reciben
a súa palabra, de aí que o pobo, a pesares das súas moitas infidelidades, segue
sentíndose fascinado polo xeito de tratalos por parte do seu Deus. Fronte do
actuar castigando, amedrentando ou sacrificándoos dos deuses dos outros pobos,
o Deus de Israel é paciente, agarimoso e sempre preocupado polos seus. A
presenza dos profetas na vida de Israel non é máis ca unha destas mostras do
agarimo e da preocupación de Deus polo pobo. Os profetas animan, alentan,
corrixen, forman, educan... fan presente a Deus co seu actuar e co xeito de
estimular a esperanza na vida da comunidade.
ü Nun momento como o actual, tamén é importante o labor dos profetas. Mellor
dito, hoxe máis ca nunca, necesitamos profetas que se convertan en testemuñas
para o noso actuar honesto, responsable, gozoso, ledo e cheo de esperanza. Coas
dificultades que tantas persoas e tantas familias están a sufrir, necesitamos
profetas que sexan referentes que nos axuden a non caer no desespero, a
tristura e o desencanto permanente. E como estamos tan desesperados pola
situación tan difícil que social, cultural, política e laboralmente estamos a
vivir, nunca tanto coma hoxe son importantes persoas que nos mostren coa súa
vida que hai luz ao final deste longo túnel; que hai solución a esta situación,
que é posible cambiar as cousas e poñer á persoa, ao ser humano , e non aos negocios,
os cartos, o poder ou ao engano, como cumio, horizonte e razón de empeñar e
implicar a vida para cambiar e mellorar as cousas. E se paramos un pouco e
poñemos distancia da saturación de información e medios; se somos capaces de
atopar momentos para a reflexión pausada, para o convencemento de que as cousas
boas e valiosas levan tempo, que non todo é chegar e encher; se ampliamos a
nosa mirada..., entón descubriremos que profetas hainos, o que temos é que
esforzarnos por saber onde están, quen son e o que fan. E aprendendo, que non
copiando deles, acadaremos recargar ilusións, alentar o presente, crer que un
futuro distinto (austero, sinxelo e no que se valore o traballo e o esforzo), é
posible. Abramos os ollos, busquémolos, sigamos as pegadas que nos van
deixando. Seguro que non estarán nos consellos de administración, nas cúpulas
eclesiais ou nos comités dos partidos políticos, senón alí onde non son
famosos, non saen nos medios e non buscan nin fama nin notoriedade. As súas
vidas son cantos de esperanza e alento de novidade para moitas persoas que,
pondo neles a súa confianza, non quedan defraudadas. A través do seu actuar
desinteresado, solidario e xusto, o Señor vai cantando a salvación.
ü Paulo entendeuno moi ben cando, ao escribirlle a aqueles cristiáns de
Corinto, lles di que as cousas, para poder acadalas, hai que crer nelas,
confiar nelas, esperanzarse nelas, facéndoas sempre desde e con amor. O himno
ao amor é todo un camiño de vida contra a tentación de abandonar, de caer no
pasotismo ou pensar que o mellor é claudicar e deixalo todo. Necesitamos volver
a escoitalo, a lelo con calma, dedicarlle un pouco de tempo a reflexionar sobre
o que nos di, para buscar de convertelo en maneira de actuar con nós mesmos,
coa xente da familia, cos veciños, cos amigos... alí onde esteamos. Que
mellores embaixadores pode ter Xesús ca nós mesmos, os que nos chamamos
cristiáns, os que rezamos e celebramos a fe cada semana, os que nos preparamos
para facer das nosas casas fogares cristiáns, os que queremos coñecer máis e
mellor que a fe non é nin un costume nin unha tradición, senón un xeito de
vivir tentando que Xesús, na súa persoa e na súa palabra, nos movan, nos
alenten e nos estimulen. E iso non pode ser un segredo que gardemos só para
nós, senón que temos que comunicalo a tod@s, sen exclusións nin
discriminacións. Xesús asumiu a nosa condición humana para dicirnos a tod@s:
chegou a salvación para tod@s, aquí está, abride os ollos, dispoñede o corazón,
acollédea!.
ORACIÓN
DA COMUNIDADE
Fe, esperanza e amor son os tres puntais necesarios para
seguinte, Señor, tal e como Paulo nos lembra na carta aos Corintios. Cando nos
dispomos a unir palabra e corazón para facer delas oración comunitaria, dicimos
xunt@s:
QUE O NOSO VIVIR SEXA SEMPRE AGRADECIDO E NON INTERESADO
ö Para que desde a Igrexa, comuñón de comunidades, aprendamos a vivir o noso
testemuño desde a fe en ti, a esperanza na unión de tod@s e o amor na entrega
xenerosa cara aos demais, OREMOS.
QUE O NOSO VIVIR SEXA SEMPRE AGRADECIDO E NON INTERESADO
ö Para que saibamos vencer a tentación de caer en comportamentos que só
buscan aproveitarse dos demais, e non entenden que o amor sen xustiza e
solidariedade non é máis que mentira, OREMOS.
QUE O NOSO VIVIR SEXA SEMPRE AGRADECIDO E NON INTERESADO
ö Para que descubrindo que a presenza de Deus no mundo é unha tarefa que nos
chama aos seus seguidores a facer da nosa vida ledicia, entrega e capacidade de
comprensión, aprendamos a non ter nunca vergoña de manifestar que a fe é axuda
e loita contra a manipulación, a mentira, o engano e a utilización das persoas,
OREMOS.
QUE O NOSO VIVIR SEXA SEMPRE AGRADECIDO E NON INTERESADO
Grazas. Señor, por insistir unha e outra vez para que
comprendamos que a fe só pode ser agradecemento e loita compartida a prol do
ben común, no que se manifesta a salvación e a esperanza desde e para as que
queremos vivir. P.X.N.S. Amén.
PARA
A REFLEXIÓN
Non é doado dar algúns pasos. Non é doado tomar
decisións, arriscar ao elixir camiños. Asusta meter a pata,
equivocarse, perder unhas oportunidades por tirar por uns camiños e non por
outros. E isto ocorre nalgunhas dimensións cotiáns (facer un plan cos amigos,
gastar diñeiro nisto ou naqueloutro …); e ocorre en cuestións máis importantes,
desas nas que o xogas todo: qué carreira elixo? chegou o momento de casar? estarame
Deus a chamar para a vida relixiosa?. Estas
ou outras preguntas asaltan, en diversos momentos, e zarandéannos, inquiétannos
e remóennos. Pero que non deixemos de vivir por medo a decidir.
(Pastoral
sj)
CANTOS
û ENTRADA:
Vinde axiña
û LECTURAS:
Todo o mundo unha familia
û OFERTORIO:
Señor Xesús
û COMUÑÓN:
O amor é o meirande
û ENTRADA:
Vinde axiña
û LECTURAS:
Todo o mundo unha familia
û OFERTORIO:
Señor Xesús
û COMUÑÓN:
O amor é o meirande
Domingo 4 de Ordinario - ciclo C
Comentarios
Publicar un comentario