San Xoaquín e Santa Ana - 26 de xullo



San Xoaquín, Santa Ana e a Virxe Nena




Unha antiga tradición cristiá, datada xa no século II, atribúe os nomes de Xoaquín e Ana aos pais da Virxe María, os avós de Xesús. A tradición di que Ana naceu en Belén, e aos vinte e catro anos de idade casou cun propietario rural chamado Xoaquín, galileo, da cidade de Nazaret. Levaron 20 anos de matrimonio sen lograr ter fillos. Os hebreos consideraban a esterilidade como algo oprobioso e un castigo do ceo.
Xoaquín, entón retirouse ao deserto, para obter con penitencias e oracións a ansiada paternidade. Ana intensificou os seus rogos, implorando como outras veces a graza dun fillo.
Xoaquín e Ana viron premiada a súa constante oración co advenimiento dunha filla singular, María. Esta nena, que fora concibida sen pecado orixinal, estaba destinada a ser a nai de Xesucristo, o Fillo de Deus encarnado.



Comentarios

Publicacións populares