Domingo 16 de Ordinario B



PRIMERA Xer 23, 1-6
Congregarei o resto do meu rabaño e suscitarei pastores para eles
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE XEREMÍAS

23 1¡Ai dos pastores que deixan que se perda o rabaño
e que o espantan do meu pasteiro! -é o Señor quen fala-.
2Por isto, así lles fala o Señor, Deus de Israel,
ós pastores que apacentan ó meu pobo:
-Vós espantáde-las miñas ovellas,
escorrentádelas e non coidades delas;
ollade que eu vos pedirei contas da maldade dos vosos feitos -é o Señor quen fala-.
3Eu xuntarei o resto das miñas ovellas,
traéndoo de tódolos países a onde as esparexín,
e fareinas volver ós seus pasteiros,
onde criarán e se multiplicarán.
4Para elas constituirei pastores que as apacenten,
de xeito que xa non volvan ter medo, nin se espanten,
nin se perda ningunha -é o Señor quen fala-.
5Ollade que chegan os días -é o Señor quen fala-
en que farei abrollar de David un retoño lexítimo,
será rei de verdade e comportarase con prudencia,
administrará o dereito e a xustiza no país.
6Desde os seus días Xudá vivirá a salvo,
e Israel vivirá en paz.
O título que se lle dará será este: "O Señor é a nosa xustiza".


SALMO RESPONSORIAL Sal 22, 1-3a. 3b-4. 5. 6
R/ (1): O Señor é o meu pastor: nada me falta.

 O Señor é o meu pastor: nada me falta.
2Os pastos verdecentes lévame a repousar,
lévame a beber ás augas tranquilas:
3El repón as miñas forzas.

Guíame por vereas rectas,
por mor do seu nome.
4Se tiver de pasar por vagoadas sombrizas,
ningún mal temería, pois ti vas comigo:
o teu bastón e o teu caxato son o meu sosego.

5Ti pos para min a mesa,
á cara dos meus inimigos;
únxesme con perfume a cabeza,
e a miña copa reborda.

6A túa bondade e o teu amor vanme seguindo
tódolos días da vida.
Eu habitarei na casa do Señor
ó longo dos meus días.


SEGUNDA Ef 2, 13-18
El é a nosa paz, quen fixo dos dous un
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS EFESIOS

Irmáns e irmás:
13Pero vós, que antes estabades lonxe, agora gracias a Cristo Xesús estades cerca, no
sangue de Cristo. 14El é a nosa paz: o que dos dous pobos fixo un só, derrubando a
medianeira divisoria -a inimizade-, e abolindo na súa carne 15aquela Lei de mandamentos
e normas, para crear en si mesmo cos dous unha nova humanidade, facendo a paz; 16e
reconciliando con Deus ámbolos dous nun único corpo por medio da cruz, matando nel
mesmo a inimizade. 17El veu e anunciou a paz: paz para vós -os de lonxe-, e paz para os
que estaban cerca: 18porque por el temos uns e outros acceso ó Pai, nun mesmo Espírito.



 ALELUIA Xn 10, 27:
As miñas ovellas escoitan a miña voz, di o Señor;
eu coñézoas e elas séguenme



EVANXEO Mc 6, 30-34
Eran coma ovellas sen pastor
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

30Cando voltaron a reunirse con Xesús, os apóstolos contáronlle canto fixeran e ensinaran.
31El díxolles:
-Vide vós comigo a un lugar arredado, e descansade un pouco.

Eran moitos os que ían e viñan, e nin para comer atopaban tempo.

32Fóronse sós na barca a un lugar arredado. 33Pero, ó velos marchar, a xente foinos
seguindo por terra desde tódalas vilas, e chegaron primeiro ca eles. 34Así, cando
desembarcaron, atopouse cunha grande multitude. El, conmovido, porque eran coma
ovellas sen pastor, púxose a predicar ensinándolles moitas cousas.




PRESENTACIÓNS: PPT1  -  PPT2

Comentarios

Publicacións populares