Domingo 17 do Tpo. Ordinario B
PRIMEIRA 2 Re 4,
42-44
Comerán e sobrará:
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO SEGUNDO DOS REIS
42Daquela chegou de
Baal-Xalixah un home, que lle traía ó home de Deus o pan das primicias: vinte pans de cebada e trigo novo na alforxa.
Eliseo díxolle: -"Dállos á xente, e que coman". 43O seu servidor preguntoulle: -"¿Que
é isto para cen persoas?". A iso Eliseo respondeu: -"Dállos á xente, e que coman, pois isto di
o Señor: comerán e sobrará". 44El servíullos á xente, que comeu; e aínda sobrou, conforme a
palabra do Señor.
SALMO RESPONSRIAL Sal 144, 10-11. 15-16. 17-18
R/ (cf 16): Abres ti, Señor, a túa man e dasnos fartura
10Lóuvente, Señor, as túas obras,
bendígante os teus amigos.
11Pregoen a gloria do teu reino,
proclamen as túas fazañas.
15Tódolos ollos cara a ti agardan
que ti lles déa-lo sustento ó seu tempo.
16Abres ti a túa man
e dáslle fartura a todo ser vivo.
17O Señor é xusto nos seus camiños todos,
bo en tódolos seus feitos.
18O Señor está cerca dos que o chaman,
dos que sinceramente o invocan.
SEGUNDA Ef 4, 1-6
Un corpo, un Señor, unha fe, un bautismo
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO
APÓSTOLO ÓS EFESIOS
Irmáns e irmás:
4 1Eu, preso polo Señor, pídovos que camiñedes segundo a
dignidade da chamada que recibistes, 2con total humildade, sinxeleza e paciencia,
aturándovos uns a outros con amor, 3esforzándovos por mante-la unidade do espírito no vínculo
da paz. 4Hai un só corpo e un só Espírito, do mesmo xeito que se vos chamou a unha única
esperanza na vosa vocación.
5Hai un só Señor, unha soa fe, un só bautismo, 6e un só Deus
e Pai de todos, que está sobre todos, por todos e en todos.
ALELUIA Lc 7, 16:
Un grande profeta apareceu entre nós,
e Deus visitou o seu pobo
EVANXEO Xn 6, 1-15
Repartiu entre os sentados canto quixeron
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
6 1Foi Xesús á outra
banda do Mar de Galilea (o de Tiberíades). 2Seguíao unha chea de xente, porque viran os sinais que facía nos enfermos. 3Subiu
Xesús ó monte e sentou alí cos seus discípulos. 4Estaba a chega-la Pascua, a festa dos
xudeus. 5Levantou a vista Xesús e, vendo vir tanta xente cara a el, díxolle a Felipe:
-¿Onde imos mercar pan, para que coma esta xente? 6(Isto
dicíao para tantealo, que el ben sabía xa o que ía facer).
7Respondeulle Felipe:
-Nin medio ano de xornal chega para que cada un deles reciba
un codelo.
8Un dos seus discípulos, Andrés, o irmán de Simón Pedro,
díxolle:
9-Hai aquí un rapaz que ten cinco bolos de pan de cebada e
dous peixes. Claro que, ¿que é iso para tantos?
10Xesús ordenou:
-Facede senta-la xente.
Había moita herba naquel sitio. E sentaron como uns cinco
mil homes. 11Entón colleu Xesús os pans e, dando gracias, repartiu ós sentados canto
quixeron e o mesmo os peixes.
12Cando se fartaron, díxolles ós seus discípulos:
-Recollede os anacos sobrantes, para que non se estrague
nada.
13Entón xuntáronos e encheron doce cestas cos anacos dos
cinco bolos de pan de cebada, que lles sobraran ós que comeron. 14O veren aqueles homes o
sinal que fixera, dicían:
"Este si que é o profeta que había de vir ó
mundo".
15Entón Xesús, decatándose de que o ían vir coller para
proclama-lo rei, retirouse só outra vez ó monte.
Comentarios
Publicar un comentario