Ti es o Unxido de Deus - Lc 9,18-24
Domingo 12 de Ordinario - ciclo C
XESÚS,
HOXE PREGÚNTASNOS A NÓS
Señor Xesús, tamén hoxe nos preguntas a nós:
quen din que son eu?
Ou mellor, quen son eu para vostedes?
No medio dun mundo que prefire os ídolos
e promesas de engano,
confesámoste Fillo de Deus
e único salvador do xénero humano.
A quen outro podemos seguir, Señor,
que non nos defraude?
Soamente ti tes palabras e feitos de vida
eterna.
Crémoste resucitado e vivo no mundo,
hoxe coma onte.
E estamos seguros : vives en nós
por medio do teu Espírito.
Concédenos coñecerte a fondo pola fe,
a amizade e a oración;
e fai que, querendo os nosos irmáns,
nos entreguemos á fascinante tarefa
de amarte apaixonadamente. Amén.
Basilio
Caballero
Comentarios
Publicar un comentario