Domingo 11 de Ordinario - ciclo C
11º DOMINGO DO TEMPO ORDINARIO - CICLO C
Primeira Lectura 2 Sam 12,
7-10. 13
LECTURA DO LIBRO SEGUNDO DE SAMUEL
Deus non tivo en conta o teu pecado: non morrerás
Naqueles días, Natán
díxolle a David:
‑"Ti es ese home.
E isto di o Señor,
Deus de Israel:
Eu unxinte por rei de
Israel
e libreite das mans de Saúl.
Entregueiche a casa do
teu señor
e puxen as súas mulleres nos teus brazos.
Fíxente dono de Israel
e de Xudá
e, por se fose pouco,
deiche aínda outras cousas.
Por que, logo, desprezar
a palabra do Señor,
facendo o que el reproba?
Mataches coa espada a
Urías, o hitita,
para casares coa súa muller.
Matáchelo coa espada
dos amonitas.
Agora a espada non se afastará da túa casa.
Visto que ti me
desprezaches,
tomando para ti a muller de Urías, o hitita.
David díxolle a Natán:
‑ "Pequei contra
o Señor!"
E Natán díxolle:
‑ "O Señor perdoa
o teu pecado e non morrerás.
Palabra
do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL Sal 31,
1-2. 5. 7. 11
R/. (cf. 5c): Perdoa, Señor, a culpa do meu pecado.
Ditoso aquel a quen lle foi perdoada a súa culpa,
a quen lle foi enterrado o seu pecado.
Ditoso aquel a quen o Señor
non lle ten en conta o delito,
o que non leva fraude no seu espírito.
Confeseiche o meu pecado,
non che escondín o meu delito;
Dixen: "Vou confesar a miña culpa ao Señor",
e ti perdoáchesme a culpa e o pecado.
Ti es o meu amparo: gárdasme dos perigos
e cínguesme co gozo do rescate.
Alegrádevos no Señor e reloucade os xustos,
aclamádeo todos os rectos de corazón.
Segunda Lectura Gal 2,
16.19-21
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS GÁLATAS
Vivo, xa non eu; vive en min Cristo
Irmáns:
Como sabemos moi ben
sabido que ninguén se xustifica polas obras da Lei senón pola fe en Xesús
Cristo, chegámonos tamén nós a crer en Cristo Xesús, para sermos xustificados
pola fe en Cristo e non polas obras da Lei, porque polas obras da Lei non se
vai xustificar ninguén.
Porque precisamente
pola Lei morrín á Lei, a fin de vivir para Deus. Fiquei crucificado con Cristo
e vivo: mais xa non vivo eu; é Cristo quen vive dentro de min.
E aínda que agora vivo
unha vida mortal, vivo na fe do Fillo de Deus, que me amou e que se deu en
sacrificio por min.
Eu non boto a perder a
graza de Deus. Pero, iso si, se a xustificación nos viñese da Lei, Cristo tería
morto para nada.
R/.
Grazas a Deus
ALELUIA 1 Xn 4, 10b
Se non se canta, pódese omitir.
Aleluia, aleluia.
Deus amounos e mandou o seu Fillo
para que expiase os nosos pecados.
Aleluia.
Evanxeo Lc 7, 36 -- 8, 3 (longa)
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Perdoáronselle moitos pecados porque amou moito
Naquel tempo, un
fariseo convidou a comer a Xesús; e Xesús entrou na casa del e púxose á mesa.
Unha muller, coñecida como pecadora na vila, sabedora de que estaba alí, levou
un frasco de alabastro con perfume de mirra, botouse por detrás aos pés del
chorando, e comezou a regarllos coas bágoas; secáballos cos cabelos da súa
cabeza e bicáballos mentres llos unxía co perfume.
Vendo aquilo, o
fariseo que o convidara dixo para si:
‑ Se este fose un
profeta coñecería quen é, e que caste de muller é a que o está a tocar, unha
pecadora.
Xesús tomou a palabra
e díxolle:
‑ Simón, teño algo que
che dicir.
El contestou:
‑ Pois dío, Mestre.
‑ Un prestamista tiña
dous debedores; un debíalle cincocentos denarios, e o outro cincuenta. Como non
tiñan con que lle pagar, perdooulles aos dous. Ora, quen deles o amará máis?
Respondeulle Simón:
‑ Supoño que aquel a
quen máis lle perdoou.
El contestou:
‑ Ben dito.
E volvéndose cara á
muller, díxolle a Simón:
‑ Ti ves esta muller?
Entrei na túa casa, e non me deches auga para os pés, pero ela regoumos coas
súas bágoas e secoumos cos seus cabelos. Non me deches o bico, pero ela desde
que entrou non parou de me bicar os pés. Non me unxiches a cabeza con aceite,
pero ela unxiume os pés con perfume. Por iso dígoche: moitos pecados se lle
perdoaron, cando mostra tanto amor; a quen pouco se lle perdoa, pouco amor
mostra.
E díxolle a ela:
‑ Os teus pecados
están perdoados.
Entón os demais
convidados empezaron a comentar entre eles:
‑ Quen é este, que
mesmo pretende perdoar os pecados?
Pero el díxolle á
muller:
‑ Salvoute a túa fe,
vai en paz.
Despois disto púxose a
percorrer vilas e aldeas, predicando e anunciando a Boa Nova do Reino de Deus.
Ían con el os Doce e mais algunhas mulleres que el curara de doenzas e de malos
espíritos: María, chamada a Madalena, curada de sete demos, Xoana, a muller de
Cusa, administrador de Herodes, Susana e outras moitas que o servían cos seus
bens.
Palabra
do Señor R/.
Loámoste, Cristo
________________________________________
Ou:
7, 36-50 (máis breve):
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Naquel tempo, un
fariseo convidou a comer a Xesús; e Xesús entrou na casa del e púxose á mesa.
Unha muller, coñecida como pecadora na vila, sabedora de que estaba alí, levou
un frasco de alabastro con perfume de mirra, botouse por detrás aos pés del
chorando, e comezou a regarllos coas bágoas; secáballos cos cabelos da súa
cabeza e bicáballos mentres llos unxía co perfume.
Vendo aquilo, o
fariseo que o convidara dixo para si:
‑ Se este fose un
profeta coñecería quen é, e que caste de muller é a que o está a tocar, unha
pecadora.
Xesús tomou a palabra
e díxolle:
‑ Simón, teño algo que
che dicir.
El contestou:
‑ Pois dío, Mestre.
‑ Un prestamista tiña
dous debedores; un debíalle cincocentos denarios, e o outro cincuenta. Como non
tiñan con que lle pagar, perdooulles aos dous. Ora, quen deles o amará máis?
Respondeulle Simón:
‑ Supoño que aquel a
quen máis lle perdoou.
El contestou:
‑ Ben dito.
E volvéndose cara á
muller, díxolle a Simón:
‑ Ti ves esta muller?
Entrei na túa casa, e non me deches auga para os pés, pero ela regoumos coas
súas bágoas e secoumos cos seus cabelos. Non me deches o bico, pero ela desde
que entrou non parou de me bicar os pés. Non me unxiches a cabeza con aceite,
pero ela unxiume os pés con perfume. Por iso dígoche: moitos pecados se lle
perdoaron, cando mostra tanto amor; a quen pouco se lle perdoa, pouco amor
mostra.
E díxolle a ela:
‑ Os teus pecados
están perdoados.
Entón os demais
convidados empezaron a comentar entre eles:
‑ Quen é este, que
mesmo pretende perdoar os pecados?
Pero el díxolle á
muller:
‑ Salvoute a túa fe,
vai en paz.
Palabra
do Señor R/.
Loámoste, Cristo
Perdoar
significa que nada está escrito para sempre,
que
temos capacidade para rexenerarnos cada día, cada hora;
para
aprender dos erros, das insuficiencias, dos fracasos;
para
ir acurrunchando a nosa parte escura no proceso cara á luz.
Cortés El ciclo C (páx.154)
A RECONCILIACIÓN DESDE O AMOR: CAMIÑO DE VIDA E MADUREZ PERSOAL
TOMADO DE : http://remoldapalabra.blogspot.com.es/
PÓRTICO
Toda a celebración
litúrxica deste domingo xira ao redor da experiencia da reconciliación, da que
todos nós, por unha ou outra razón, estamos necesitados. Reconciliación con nós
mesmos –que pouco nos queremos ás veces!; reconciliación cos demais, reconciliación
con Deus e mesmo reconciliación co mundo do que formamos parte. Reconciliarse é
unha tarefa esixente: volver a unir o que por rutina, comodidade, costume ou
indiferenza se foi rompendo, illando ou destruíndo. E o cumio da reconciliación
é o cambio: volver a poñérmonos de novo en camiño, saber onde está a meta que
tantas veces foramos deixando atrás. Nunha palabra, reconciliarse é conseguir
de novo a ilusión na vida.
Xesús, no evanxeo que
imos escoitar hoxe, danos un novo exemplo de que, se queremos, nada pode
impedir que nos reconciliemos con Deus, con nós e cos demais. É unha cuestión
de liberdade. A liberdade de coñecer, querer e saber. Non é Deus o que nos
impide reconciliarnos, somos nós ou os demais os que poñemos atrancos, dureza
de corazón e soberbia ao non deixar que o que fixemos mal e rachara, volva
unir. Atendamos á Palabra de Deus, que busca cambiar os nosos corazóns, para
que non que aniñen neles nin o rancor nin as ansias de vinganza.
O PERDÓN
*
Por
non querer saber que reconciliarse non é unha palabra, senón un cambio de
actitude no noso xeito de comportarnos, SEÑOR,
QUE NON SEXAMOS SOBERBIOS.
*
Porque en moitas ocasións seguimos menosprezando e
minusvalorando o papel das mulleres na sociedade e na Igrexa, CRISTO, QUE NON SEXAMOS SOBERBIOS.
*
Por
non querer deixar atrás canto sabemos que nos afasta de Ti e dos demais, e nos
fire interiormente, SEÑOR, QUE NON
SEXAMOS SOBERBIOS.
REMUÍÑO
û Cando falamos de Deus,
temos que ter sempre en conta dúas palabras que son as que mellor expresan e
mostran o que queremos dicir: amor e
perdón. Si, porque Deus é amor. Amor que acolle, acompaña, aloumiña,
escoita, alenta e se preocupa... Nada que ver co concepto de amor ao que tantas
veces nos referimos hoxe. Deus non se identifica coa paixón física, senón que o
seu amor di referencia sempre a termar e preocuparse pola persoa. El é quen,
desde e por amor, envía o seu Fillo para que a plenitude deste amor se converta
en entrega xenerosa de coherencia e doazón. Por iso a cruz, para nós,
cristiáns, e para os que sen selo queiran comprender o seu significado, non é
un espectáculo de morte e fracaso, senón entrega e triunfo; é resurrección e
mais vida. Desde estas claves é desde onde temos que entender que queremos
dicir ao empregar a expresión “Deus é amor“.
û Unha segunda palabra
que nos axuda a entender e identificar a Deus como presenza na nosa vida é a de
perdón. E cando dicimos perdón,
buscamos expresar unha actitude de achegamento ao irmán, a capacidade e o
esforzo de non deixar que a xenreira, o odio ou as ansias de vinganza aniñen no
corazón. Como somos humanos, moitas veces nin o entendemos nin somos capaces de
deixar atrás eses episodios, esas situacións nas que nos sentimos feridos polo
que nos fixo alguén. Porén, Deus non actúa así. Porque é amor, o perdón é a
actitude que pon de manifesto que, para El, o rancor non é camiño que renove e
humanice á persoa, senón que o camiño pasa por dar novas oportunidades; El non
mira nunca para o atrás da nosa vida, para o que xa pasou, senón que nos abre
camiños de futuro e esperanza. Por iso a misericordia e o perdón se van abrindo
paso sempre no actuar do seu Fillo.
û Unha misericordia e un
perdón que hoxe se poñen de manifesto na acollida de Xesús a aquela muller
pecadora, reparando non no seu pecado, senón na súa capacidade para cambiar e
recuperar a súa dignidade. Así de simple, pero tamén así de complicado e
difícil. Cantos de nós seriamos capaces de achegarnos aos marxinados, aos
parias, aos máis miserentos das nosas parroquias, dos nosos barrios, das nosas
vilas… sen medo ao que os demais poidan opinar? Cantas veces calamos por medo
diante de verdadeiros escándalos para non sermos sinalados co dedo? Quen non
tragou sapos e aguantou inxustizas por manter o cu no asento, o carguiño, o
prestixio, o poder? E a cousa é infinitamente peor se, coma no caso que nos
ocupa hoxe, hai unha muller polo medio. Cando aínda escoitamos dos nosos curas
frases do tipo “agarrádevos ao altar, que o ambón xa o colleron elas”, cando co
gallo dunha misa solemne se dá a consigna de que non lean elas, para que non
haxa mulleres no presbiterio; cando determinadas teimas do tipo “non é bo que
as mulleres falen cos curas, diáconos, bispos ou seminaristas, non vaia ser que
perdan a vocación”, cando a tantas persoas valiosísimas se lles nega o acceso a
postos de responsabilidade na Igrexa polo simple feito de ter nado mulleres,
cando á voz delas lle esiximos un “plus” para ser escoitada, cando falar de
mulleres e falar de pecado son termos sinónimos... e que algo, realmente
escandaloso e enfermizo, está a pasar dentro da nosa Igrexa.
û Que a misericordia de
Deus aniñe en nós cada día para poder ir tecendo, alí onde esteamos, cobertores
de solidariedade, amor e misericordia que poñan sempre de manifesto que somos
dignos seguidores do Mestre; quen non condenaba, senón que perdoaba e
acollía... tamén ás mulleres, porque non facía distincións.
ORACIÓN DA COMUNIDADE
Señor,
toda a comunidade quere unir neste momento o seu corazón e a súa palabra para,
compartindo a oración, dicirche:
QUE O TEU PERDÓN NOS AXUDE A PERDOAR
·
Señor,
sabemos que a Igrexa moitas veces non responde á misión de ser amor e perdón
para tantas persoas que chaman na súa porta buscando ser acollidas. Axúdanos e
aléntanos para que non nos desviemos do teu camiño, OREMOS.
QUE O TEU PERDÓN NOS AXUDE A PERDOAR
·
Señor,
nas nosas comunidades somos moi de ritos, costumes e tradicións, pero coñecemos
pouco o teu Evanxeo e a túa mensaxe. Dános forza para renovar o noso corazón e as
nosas actitudes, para que agrome en nós a túa misericordia, OREMOS.
QUE O TEU PERDÓN NOS AXUDE A PERDOAR
·
Señor,
que aprendamos a vivir na misericordia de quen sabe perdoar, comprender,
escoitar e animar a quen pida de nós tempo e atención, OREMOS.
QUE O TEU PERDÓN NOS AXUDE A PERDOAR
Confortados
por canto pos na nosa vida, queremos, Señor, seguir compartindo gozos e
esperanzas que nos alentan e animan no camiño. P.X.N.S. Amén.
PARA A REFLEXIÓN
Pai,
agradecemos
que sigas alentando
todo
canto facemos por construír unha vida reconciliada.
Comparte
esta nosa tarefa de deixarnos reconciliar:
contigo, cos irmáns, con
nós mesmos e co mundo.
Non é doado, Ti e mais
nós sabémolo ben!
Somos preguiceiros para
todo canto nos supón o esforzo de cambiar, escoitar e perdoar.
Por iso non avanzamos!
Hoxe
temos escoitado que é o amor o único que move ao perdón.
Que
non o esquezamos nunca.
Dános azos para non
abandonar a tarefa de reconstruír en nós
canto nos fai avanzar
no camiño da reconciliación;
para
que as nosas vidas e as dos demais, coñezámolos ou non,
se
enchan sempre da dignidade que puxeches nelas.
Que
a forza do Espírito faga dos nosos corazóns
latexos
de acollida e esperanza persoal e comunitaria.
Compartimos
os gozos, as tristuras, as ledicias e os fracasos
de
cantos dixeron si á túa invitación de deixarse reconciliar.
Que
o noso compartir, convertido en amor, saiba ser:
conforto
para quen está desacougado e triste e
solidariedade
para quen está solo e necesitado.
Queremos
que a nosa oración polas familias, as nosas e as dos demais,
sexa
o primeiro paso neste camiño de reconciliación, persoal e comunitaria, á que
nos chamas.
Dános,Pai,
sabedoría que encha do teu amor os nosos corazóns.
Guíanos no noso compromiso para acadar a meta de
sentírmonos reconciliados.
Pedímoscho
polo noso Señor Xesucristo, o teu Fillo,
que
xunto co Espírito Santo nos dan o alento
para
que a reconciliación enchoupe a nosa vida. Amén.
CANTOS
Que ledicia a miña
ü LECTURAS:
Benaventurados
ü OFERTORIO:
Pan do ceo, pan de vida
ü COMUÑÓN:
O amor é o meirande
POWER POINTS
Comentarios
Publicar un comentario