Campaña SOMOS - 8 XUÑO
Chegoume este material e quero compartilo con vós canto antes xa que a campaña está programada para os colexios nos días 7 e 8 de xuño. Algo vos soará iso de levar unha prenda de roupa do revés (hai que "darlle unha volta a este mundo"), unídevos, o signo é sinxelo e chama a atención, un "signo dos tempos".
A Campaña SOMOS nace en 2012 como unha iniciativa de 25 ONG españolas, pequenas e grandes para promove-la cultura da solidariedade, agradecer aos socios a súa solidariedade e incrementar a base social das ONG.
Un dos elementos destacados da campaña é o Día SOMOS (8 de xuño), no que se convidará á sociedade española a que mostre o seu compromiso coas ONG.
A Campaña SOMOS nace con vocación de permanencia xa que pretende repetir todos os anos esta acción de agradecemento e homenaxe aos socios das ONG.
(ligazón coa páxina web de Mans Unidas)
Se alguén non pode conseguir doutro xeito o material, eu dispoño da campaña en pdf, pero, na miña nulidade informática habitual non sei todavía cargar un pdf no blogue, así que, se o necesitades, ponédevos en contacto comigo por mail (xanostesaqui@gmail.com)
Comentarios
Publicar un comentario