Día da Muller

O Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo, é unha xornada que celebran os grupos femininos en todo o mundo. Esa data conmemórase tamén nas Nacións Unidas e é festa nacional en moitos países. Cando as mulleres de tódolos continentes, a miúdo separadas por fronteiras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, se unen para celebrar o seu Día, poden contemplar unha tradición de non menos de 90 anos de loita a prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.


O Día Internacional da Muller refírese ás mulleres correntes como artífices da historia e afunde as súas raíces na loita secular da muller por participar na sociedade en pé de igualdade co home. (...)

A idea dun día internacional da muller xurdiu ao final do século XIX, que foi, no mundo industrializado, un período de expansión e turbulencia, crecemento fulgurante da poboación e ideoloxías radicais.



.

Comentarios

Publicacións populares