Un amor

Continuamos a serie especial para vodas en galego.


Un amor

Un amor é quen te acepta como es,
quen te axuda a ser mellor.

É alguén que che levanta o ánimo cando o necesitas.
É alguén con quen se pode facer bromas sen que te enoxes.
É alguén que se acorda de ti cando reza.
É alguén que te quere polo que es
e non polo que tes nin polo que sabes.

É alguén que non queda mirando,
senón que che leva a mirar xuntos na mesma dirección.

É alguén que se interesa polas túas cousas...
aínda que sexan pequenas.
É alguén que se acorda de ti cando o ti non estás
e non te deixa cando fracasas.
É alguén que comparte a túa soidade e a túa tristeza,
así como as túas alegrías e os teus sorrisos.

É alguén que trata de entenderte.
É alguén que se lanza contigo a correr riscos
e que nunca che negará a súa axuda cando a necesites.


Comentarios

Publicacións populares