Para o meu corazón...
Continuación da serie para vodas...
20 poemas de amor e unha canción desesperada
de Pablo Neruda . Poema 12
Para o meu corazón basta o teu peito,
para a túa liberdade bastan as miñas ás.
Desde a miña boca chegará até o ceo
o que estaba durmido sobre a túa alma.
É en ti a ilusión de cada día.
Chegas coma o rocío ás corolas.
Socavas o horizonte coa túa ausencia.
Eternamente en fuga como a onda.
Dixen que cantabas no vento
coma os piñeiros e como os mastros.
Como eles es alta e taciturna.
E entristeces de súpeto como unha viaxe.
Acolledora como un vello camiño.
Pobóanche ecos e voces nostálxicas.
Eu espertei e ás veces emigran e foxen
paxaros que durmían na túa alma.
Comentarios
Publicar un comentario