Rito do matrimonio en galego - 3ª Fórmula

Esta é a última variante do rito do matrimonio, mañá poñeréi o comenzo do rito que non puxen ó principio.




Terceira fórmula:
Os esposos unen a súa man dereita e responden ás preguntas do sacerdote:

O sacerdote:    
N................, queres recibir a N............,
como esposa,
e prometes serlle fiel
na prosperidade e na adversidade,
na saúde e na enfermidade,
e, así, amala e respectarla
tódolos días da túa vida?

O esposo: Si, quero.

O sacerdote:    
N................, queres recibir a N............,
como esposo,
e prometes serlle fiel
na prosperidade e na adversidade,
na saúde e na enfermidade,
e, así, amalo e respectarlo
tódolos días da túa vida?

A esposa: Si, quero.


O sacerdote prosigue dicindo:

O Señor confirme coa súa bondade este consentimento voso que manifestades ante a Igrexa e vos otorgue a súa bendición. O que Deus uníu, que non o separe o home.

O sacerdote invita aos presentes a alabar a Deus:

Bendigamos ó Señor.
R./: Deamos gracias a Deus.

Comentarios

Publicacións populares