Sabe de amor

Quen sabe de amor? O que se esquece de si mesmo para pensar no outro...



SABE DE AMOR

Quen tende as mans, quen dá o valor
e quen non pide nada, sabe de amor.

Grávame como selo no teu corazón,
como selo no teu brazo
porque o amor é máis forte que a morte,
a paixón máis implacable que o abismo.
As súas chamas son frechas de lume, labarada divina.

Quen cada mañá saúda alegre ao sol
quen é forte, quen vive, sabe de amor.

Os océanos non poderían apagar o amor,
nin os ríos alagalo.
Quen quixese comprar o amor
con todas as riquezas da súa casa,
sería despreciable.

Quen sempre espera do outro o
mellor e quen nunca se cansa, sabe de amor.


Comentarios

Publicacións populares