HISTORIA DO PROXECTO CANCIÓN XMX + karaoke
Quero aproveitar a ocasión para explicar como foi o proceso de xestación e desenvolvemento do proxecto da canción da XMX agora que estamos en plena difusión...
Hai catro anos, enviei ao meu fillo pequeno a Cracovia ao encontro co Papa e, xusto o día anterior, decateime que o himno se cantaba nun montón de linguas e pensei: por que na nosa non? Estes encontros están feitos pensando na visión da catolicidade e do espírito de Pentecostés, e lembrei como me marcou a miña visita a Taizé e como escoitar rezar en moitas linguas une os corazóns en lugar de separalos. Nós tamén somos individualidades pero escollimos a comunidade como a nosa forma de expresión e vivencia da fe.
Quedou este proxecto no caixón ata que saíu a canción deste ano do encontro de Panamá, e resultou ser un Magnificat, María sempre está chamando á porta e sinalando o camiño e propuxen este proxecto na Pastoral Xuvenil, como sempre, pensando en facelo para compartir coas outras dioceses pero a cousa non saíu... para min algo difícil de comprender despois da preparación do Sínodo da Mocidade e pensando que a música une e ilusiona.
Comentei co meu guía persoal para estas cousiñas da música e a evanxelización, Reboiras, que me dixo que lle parecía moi ben e que seguira adiante a ver se saía, revisou a letra e comezou a xirar a roda... Así que, desde Santiago, fixeron unha primeira maqueta para aprender a canción, pero eu quería inculturar o canto e facer arranxos en clave de galeguidade (igual que aparece na versión internacional do himno para outras linguas). Para a miña sorpresa, non tiven que insistir cando falei coa mocidade da miña diocese, apuntáronse inmediatamente con ilusión e compromiso.
Inda así, intentamos facer que viñeran amigos doutras dioceses pero a cousa non saíu. Foise reducindo o número de persoas ata que quedaron na versión final os músicos católicos de Tui-Vigo (para que vexades que compromiso teñen, e moito...), polo que non quero deixar pasar a ocasión de presentarvos a todos e que os coñezades, de nome e/ou en foto.
PARTICIPANTES NA MAQUETA
GRAVADA EN SANTIAGO:
PARTICIPANTES NO VÍDEO:
Músicos católicos (nomes artísticos, neste caso...):
O técnico audiovisual: Ángel Romero Iglesias
E os coros, de esquerda a dereita (non nomeados antes):
Patricia Bada Moreira, Sara Álvarez Argiz (violín)
e Nuria M.Núñez Elissetche
Gravación das voces: Casa de tolos
Arranxos e mestura: Santafé Producciones
Vídeo: Creatividad Católica
Colaboraron no proxecto:
Revista Encrucillada / Editorial SEPT / Parroquia de S.Pedro da Ramallosa
(Menos mal que isto non é cousa miña..., é Deus o que decide
e puxo nos vosos corazóns un SI como o de María...)
Non sei como darvos as grazas a todos pola ilusión e o esforzo...
+ Pedíronme que fixera o himno da XMX
versión karaoke para cantar e aprender a canción.
Pedide e recibiredes...
Comentarios
Publicar un comentario