Domingo 2 de Ordinario C
Primeira Lectura Is 62, 1-5
Alégrase o esposo pola súa esposa
LECTURA DO LIBRO DO PROFETA ISAÍAS
Por amor de Sión non
calarei,
por amor de Xerusalén non acougarei,
ata que rompa coma o día a súa xustiza,
e alume coma unha lámpada a súa salvación.
Os pobos verán a túa
xustiza
e todos os reis a túa gloria,
chamaráseche cun nome novo,
que a boca do Señor pronunciará.
Serás coroa preciosa
na man do Señor,
diadema rexia na man do teu Deus.
Non se che volverá a
chamar "Abandonada",
nin á túa terra "Desolada".
A ti han chamarche "Miña
predilecta",
e á túa terra "Desposada",
porque o Señor comprácese en ti,
e a túa terra vai ter esposo.
Como casa un mozo
cunha virxe,
casa contigo o teu Construtor.
O gozo que sente o noivo pola noiva,
sentirao o teu Deus por ti.
Palabra
do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL Sal 95,
1-2a. 2b-3. 7-8a. 9-10a e c
R/ (3): Anunciade ante todos os pobos as
marabillas do Señor.
Cantádelle ao Señor un cántico novo,
cantádelle ao Señor, a terra enteira;
cantádelle ao Señor, bendicide o seu nome.
Pregoade todos os días a súa salvación.
Anunciade entre as xentes a súa gloria;
ante todos os pobos, as súas marabillas.
Tributade ao Señor, pobos todos,
tributade ao Señor honor e forza,
tributade ao Señor a gloria do seu nome.
Adorade o Señor no adral sagrado,
trema na súa presenza a terra enteira.
Dicide entre as xentes:
"O Señor é rei, el goberna os pobos rectamente".
Segunda Lectura 1 Cor 12,
4-11
O mesmo Espírito vai repartindo a cada un como a El lle parece.
LECTURA DA PRIMEIRA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS
CORINTIOS
Irmáns:
Hai diversidade de
dons, pero un mesmo Espírito. Hai diversidade de servizos, pero un mesmo Señor.
Hai diversidade de realizacións, pero un mesmo Deus, que realiza todo en todos.
A cadaquén dáselle a
manifestación do Espírito para o ben común. A un o Espírito dálle palabra de
sabedoría; a outro dálle palabra de ciencia o mesmo Espírito; a aqueloutro o
mesmo Espírito concédelle fe.
A un este mesmo
Espírito dálle o don de curacións; a outro, o don de facer milagres; a outro, o
don dunha mensaxe inspirada; a outro, discernimento de espíritos.
A un, don de falar
distintas linguas; a outro, o saber traducir esas linguas. Pero todo isto é un
e o mesmo Espírito quen o realiza, repartindo a cada un en particular, como a
El lle parece.
Palabra
do Señor R/.
Grazas a Deus
ALELUIA Cf. 2 Tes 2, 14
Se non se canta, pódese omitir
Aleluia, aleluia.
Deus chamounos por medio do Evanxeo
para lograrmos a gloria do noso Señor Xesús Cristo.
Aleluia.
Evanxeo Xn 2, 1-11
Foi así como fixo Xesús o primeiro dos signos en Caná de Galilea
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Naquel tempo, houbo un
casamento en Caná de Galilea, e estaba alí a nai de Xesús. Tamén foi convidado
Xesús e mais os seus discípulos ao casamento.
Chegou a faltar o viño
e a nai de Xesús díxolle:
‑ Non che teñen viño.
Replicoulle Xesús:
‑ Muller que ten que
ver iso comigo e contigo? Aínda non chegou a miña hora.
Súa nai díxolles entón
aos servidores:
‑ Facede o que el vos
diga.
Había alí seis tallas
de pedra para as purificacións dos xudeus, que levaban ao pé de cen litros cada
unha. E ordenoulles Xesús:
‑ Enchede de auga as tallas.
Eles enchéronas de
todo.
Díxolles entón:
‑ Collede agora e
levádelle a proba ao mestresala.
Eles levárona. E,
cando o mestresala probou a auga volta viño, sen saber de onda viña (os
servidores si que o sabían, que eles colleran a auga) falou co noivo e díxolle:
‑ Todo o mundo pon de
primeiras o viño bo e, cando xa están bébedos, o máis cativo; ti, en troques,
deixaches o viño bo para agora.
Foi así como fixo
Xesús o primeiro dos signos en Caná de Galilea; manifestou a súa gloria, e
creron nel os seus discípulos.
Palabra
do Señor R/.
Loámoste, Cristo
Comentarios
Publicar un comentario