Resplandeceu a súa faz coma o sol - Mt 17,1-9
A Transfiguración do Señor - ciclo A
Bendicímosche, Pai,
porque Cristo na súa transfiguración,
despois de anunciar aos seus discípulos
a súa paixón e morte,
mostroulles no monte santo
o resplandor da súa divindade,
como un anticipo e testemuño
do camiño da resurrección.
Ao revelar en si mesmo a gloria futura,
fortalece a nosa fe
ante o escándalo da cruz
e alenta a nosa esperanza.
Concédenos, Señor,
ir ao teu encontro na montaña,
deixar nosas senllas trilladas,
escoitar a Xesús, a túa palabra,
e camiñar con el cara a ti na chaira cotiá da vida;
porque seguíndoo,
a renuncia é liberdade de espírito
e a morte é vida que anticipa a resurrección.
Amén
(Tomado de B. Caballero: La Palabra cada Domingo,
San Pablo, España, 1993, p. 627)
Comentarios
Publicar un comentario