Domingo 19 de Ordinario A
DOMINGO XIX
ORDINARIO - CICLO A
Primeira Lectura 1 Re 19, 9a. 11-13a
LECTURA DO LIBRO PRIMEIRO DOS REIS
Mantente no monte diante do Señor
En
chegando Elías ao monte de Deus, o Horeb, abrigouse nunha cova.
Díxolle
o Señor:
-
"Sae de aí e fica de pé no monte, diante do Señor. Porque o Señor vai
pasar".
Nisto
veu un rexo furacán, que fendía os montes e cuarteaba os penedos diante do
Señor. Mais non estaba o Señor no furacán.
Despois
do furacán houbo un tremor de terra; mais tampouco no tremor de terra estaba o
Señor.
Despois
do tremor de terra veu un gran lume; mais non estaba no lume o Señor.
Despois
do lume oíuse o murmurio dunha airexiña suave. En canto Elías o sentiu, tapou a
cara co manto, saíu fóra e ficou en pé, na entrada da cova.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO
RESPONSORIAL Sal 84, 9ab-10. 11-12. 13-14
R/. (8): Amósanos,
Señor, a túa misericordia e dános a túa salvación.
Escoitarei o que di o noso Deus:
certamente o Señor fala de paz
para o seu pobo e os seus amigos.
A salvación está xa preto dos que
o temen,
a gloria habitará na nosa terra.
A misericordia e a fidelidade
atoparanse,
abrazaranse a xustiza e mais a
paz.
Na terra xermolará a fidelidade,
a xustiza ollará desde o ceo.
O Señor ha dar o seus bens,
e a nosa terra vai dar os seus
froitos.
A xustiza camiñará diante del,
e a salvación seguirá as súas
pegadas.
Segunda Lectura Rm 9, 1-5
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO aos ROMANOS
Optaría por ser anatema polos
meus irmáns
Irmáns:
Como
discípulo de Cristo digo a verdade, non minto, e dáme disto testemuño a miña
propia conciencia, alumada polo Espírito Santo: que teño moi grande dor e o meu
corazón sofre seguido.
Quixera
ser eu mesmo maldito, apartado de Cristo, por mor dos meus irmáns, os meus
parentes de estirpe.
Eles
son israelitas e a eles pertencen a adopción filial, a gloria e as alianzas, a
lexislación, o culto e as promesas; a eles pertencen os patriarcas; e deles vén
Cristo como home, que está por riba de todo, e que é Deus bendito polos
séculos. Amén.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
ALELUIA Sal 129, 5
Se non se canta, pódese omitir.
Aleluia, Aleluia.
Espero no Señor,
espero na súa palabra.
Aleluia.
Evanxeo Mt 14, 22-33
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
Mándame que vaia onda ti,
camiñando pola auga
Despois
de que a multitude comera a fartar, de seguida mandou Xesús aos seus discípulos
que embarcasen e que fosen diante para a outra banda do mar, mentres el
despedía a xente. Así que a despediu, subiu ao monte para orar el só, e alí
colleuno a anoitecida.
Entrementres,
a barca xa se arredara da ribeira moitos estadios e, como tiña o vento en
contra, as ondas sacudíana.
Ao
riscar o día, Xesús foi cara a eles camiñando polo mar.
Cando
os discípulos o viron camiñar polo mar, dicían asustados: "é unha
pantasma"; e, cheos de medo, empezaron a berrar.
De
seguida faloulles Xesús dicindo:
Tranquilos,
que son eu. Non teñades medo.
Respondeulle
Pedro:
‑
Señor, se es ti, mándame que vaia onda ti, camiñando pola auga.
El
díxolle:
‑
Ven.
Baixou
Pedro da barca, e púxose a camiñar pola auga, dirixíndose a Xesús. Pero, ao sentir
o vento forte, colleu medo, e cando empezou a afundirse, púxose a berrar:
‑
Señor, sálvame!
Axiña
Xesús, dándolle a man, agarrouno e díxolle:
‑
Home de pouca fe, por que dubidaches?
Ao
subiren eles á barca, quedouse o vento. Os que estaban na barca, prostráronse perante el dicindo:
‑
Realmente ti es Fillo de Deus.
Palabra do Señor R/.
Loámoste, Cristo
POR QUE NOS EMPEÑAMOS EN DICIR DEUS CANDO O QUE
QUEREMOS DICIR É VINGANZA E VIOLENCIA?
ESCOITA ACTIVA
Un dos dez
mandamentos di que non debemos tomar o nome de Deus en van. Cantos provimos
dunha educación católica, sabemos o que iso significa. Porén, cantas non teñen
sido as veces nas que temos ignorado este mandamento?. Moitas: todas aquelas
nas que fomos violentos, vingativos, soberbios, egoístas, duros e esixentes cos
demais ata a extenuación,....e pensabamos que o faciamos para agradar a Deus.
Este recurso pola vía negativa tan utilizada, acaba por facernos crer que
podemos facer un Deus a nosa maneira e xeito, esquecendo que, por moito que o
intentemos, El non é manipulable, aínda que nós así o pensemos.
Comecemos, xa que
logo a celebración, tomando conciencia de que se queremos atopar a Deus -El
sempre está-, teremos que achegarnos a canto fai posible que as persoas sintan
a súa dignidade e posibilita que sexan felices. Todo o que fagamos en sentido
contrario, poderemos pensar que si, pero debemos estar seguros de que alí nunca
atoparemos a Deus. El só pode estar na “airexadiña suave”.
CORAZÓN MISERICORDIOSO
- Por intentar moitas veces manipularte
ao noso antollo,SEÑOR,QUE A TÚA FIDELIDADE E MISERICORDIA NOS ATOPEN.
- Por facer moitas veces da nosa vida
unha mentira,CRISTO, QUE
A TÚA FIDELIDADE E MISERICORDIA NOS ATOPEN.
- Por dubidar de Ti, e confiar só
nas nosas forzas, SEÑOR,QUE
A TÚA FIDELIDADE E MISERICORDIA NOS ATOPEN.
PALABRA ENRAIZADA
·
O medo a quedarnos
fóra desta nosa sociedade post-materialista e de usar e tirar, fainos moitas
veces renunciar a conviccións que teñen dado sentido e horizonte á nosa vida. A
pretensión de aparentar diante dos demais para non pasar pola situación de dar
razón do que é importante para nós, lévanos moitas veces a aceptar e permitir
que entren na nosa vida xustificacións de comportamentos que sabemos claramente
que son unha aberración, un abuso ou un verdadeiro atentado contra a dignidade
das persoas. Os silencios cómplices, as xustificacións nerviosas, as miradas
desconfiadas... non son máis que mostras de canto estamos a dicir. Elías, no
texto que lemos como primeira lectura, afánase por atopar a Deus onde non está.
É o que nos ocorre a nós moitas veces ao renunciar a ter a Deus como sentido e
referente da vida: unha vez afastados del, coidamos que podemos crear os nosos
propios deuses ao noso xeito, para deste modo manipulalos segundo o noso propio
interese. Cremos así que El pode estar no balbordo dunha vida sen límites, no
renunciar a tomar decisións en conciencia, no poñer en practica a lei do funil
–o ancho para min e o estreito para os demais– e noutros moitos xeitos de
actuar e xustificar esa actuación. Porén, Deus non está aí, polo que acaba
producindo en nós baleiro, angustia e desesperanza. E Deus non está aí porque a
El só o poderemos atopar no “murmurio da airexiña”; é dicir, en todo e canto
faga que a persoa sexa sempre fin e non medio para ser utilizado como unha
cousa. A “airexiña” de Deus é o actuar buscando o ben común, o colaborar
uníndose na participación en proxectos para todos, a busca do que une e non do
que separa e enfronta, no saberse aceptar a un mesmo coas súas limitación, pero
tamén coas súas calidades. Si, nesta airexiña é onde podemos atopar a Deus. Por
iso no canto de estar laiándonos constantemente... por que non facemos un
esforzo por deixar que a vida pare de xirar ao noso redor e comece a xirar
tamén desde a relación sa e sandadora cos demais?.É verdade que non é tarefa
doada; pero se non o intentamos, nunca saberemos se o poderemos conseguir e
nunca seremos tampouco capaces de romper o círculo vicioso no que nos movemos.
·
Paulo tiña
isto claro, por iso apela á súa conciencia -ámbito de decisión e
responsabilidade desde onde as persoas non nos deixamos levar das presións, as
modas ou as comenencias- para non degradar nin rexeitar a aqueles cos que ata
facía ben pouco compartira raíces e credo. Non os rexeita porque sabe que
proveñen da mesma raíz; aínda que se estanquen por non ser capaces de superar
os muros que os separan para poder así comezar a construír pontes de diálogo e
unión con aqueles primeiros cristiáns. Tamén a nós nos pasa que a dogmatización
das ideas e o inmobilismo conservador no que adoitamos movernos –por medo a
perder seguridade, non por convencemento– impídennos moitas veces deixar de
mirar atrás para comezar a abrir camiños de futuro, camiños de renovación e
diálogo con aqueles que, coma nós, posúen tamén a mesma dignidade. Gústanos
facer muros, cústanos derrubalos e tender pontes. Pero xa é hora de cambiar. Se
queremos ser fieis ao evanxeo; se queremos volver a el, non nos queda outra que
mudar o noso xeito de facer e percibir as cousas. Xesús non ten medo, mira cara
adiante, non se atrincheira no pasado. Porén, nós somos duros de oído para
escoitar a voz de Deus na airexiña do mundo do que formamos parte.
·
Xesús, que
disto sabía moito, non se deixa levar só polas primeiras impresións, senón que
busca asentar as súas propostas e os seus feitos na conversa tranquila e
sinxela en que converte a súa relación con Deus Pai. Non actúa ás carreiras,
senón que pensa e reza. É dicir, pon no seu diálogo con Deus as súas decisións.
Busca momentos onde, sen présa, reflexiona as cousas, analiza as situacións e
toma decisións, non movido polo medo ou o que dirán, senón polo convencemento
de que iso é o que Deus Pai lle está a pedir. Os seus momentos de oración e
diálogo fraterno e sinxelo con Deus vanlle axudando a clarificar pensamentos e
a actuar co convencemento de que o seu comportamento non é froito dun “arrouto”
senón da reflexión. E ben o vemos no texto do evanxeo. A contraposición
atopámola en Pedro, home bo pero arroutado que, sendo todo corazón, non pensa
nin os pasos que dá nin as consecuencias que supoñen. Fáltalle fe. E nós, con quen
nos identificamos, con Pedro ou con Xesús?. Pensémolo con tranquilidade e
busquemos dar respostas, porque, ao mellor, a pesar de levar moitos anos con
misas, funerais, novenas, promesas... somos arroutados coma Pedro. E o arrouto
non nos dá seguridade, senón que nos afunde.
FRATERNIDADE ORANTE
Recemos desde a confianza e a
sinceridade de quen sabe poñerse nas mans de Deus para sentir o seu agarimo e a
súa confianza, e digamos xuntos:
QUE
NON NOS DEIXEMOS AFUNDIR POLA TEBRA DA DESESPERANZA
* Para que as comunidades cristiás que
conformamos a Igrexa non deixemos que os medos e as inseguridades nos afasten
da urxencia de loitar e defender a dignidade de quen non é tratado con
respecto, OREMOS.
QUE
NON NOS DEIXEMOS AFUNDIR POLA TEBRA DA DESESPERANZA
* Para que nas nosas parroquias nos
caiamos na tentación de crear clans que defenden, inda que non teñan razón, a
quen actúa desde o abuso, a violencia e a falta de respecto aos demais, e non
se compadecen dos que son vítimas desta situación, OREMOS.
QUE
NON NOS DEIXEMOS AFUNDIR POLA TEBRA DA DESESPERANZA
* Para que non deixemos que os nosos
medos e as nosas desconfianzas nos vaian afastando de Xesús e da súa mensaxe,
para caer nunha existencia baleira e falta de esperanza, OREMOS.
QUE
NON NOS DEIXEMOS AFUNDIR POLA TEBRA DA DESESPERANZA
Señor,
compartimos contigo esta oración comunitaria, sabendo que a pesar de que moitas
veces as nosas decisións nos afunden, Ti non deixas que nos vaiamos ao fondo,
rescatándonos a través das mans amigas que imos atopando no noso camiño.
P.X.N.S. Amén.
MIRADA DE ESPERANZA
Porque xa non tes pés que percorran os camiños,
avanza hoxe, Señor, se queres cos meus.
Porque os teus ollos non poden acariciar o mundo,
contempla, observa e ama tomando a miña mirada.
Porque hoxe non tes beizos que griten a túa
palabra,
aquí tes os meus, a túa boca prolongada.
Porque non viven as túas mans para deixar a terra
transformada,
traballa coas miñas e déixaas gastadas.
Con todo o que son, como instrumento,
contempla hoxe, Señor,
fala, traballa, acaricia, camiña e ama...
a través de min.
(Do libro, Peregrino, coñeces a
túa ruta?)
ENTRADA:
LECTURAS:
OFERTORIO:
COMUÑÓN:
Comentarios
Publicar un comentario