Á túa dereita está a raíña, con ouro de Ofir - Salmo 44

Solemnidade da Asunción da Nosa señora


SANTA MARÍA 
DOS OLLOS LIMPOS

Non mancha o que entra de fóra,
senón o que sae do corazón.
O importante é o corazón, é o motor da vida.
Tes que revisar, limpar o corazón
para que marche en plena forma.
Palabras sucias, pensamentos viscosos, accións que rebaixan...
teñen a súa raíz nun corazón enfermo.
Coida o teu corazón!

Hai moitos enfermos do corazón porque o teñen cheo de odio,
de carraxe, de resentimentos, de hipocrisía...
Coida moito o teu corazón!
Tanto vale o home e a muller, canto vale o seu corazón.
Hai corazóns duros coma pedras.
Materializounos o egoísmo.
Son incapaces de amar, incapaces de vibrar
ante as cousas nobres e belas.

Ollos grandes, limpos, iluminados...
para marchar pola vida sen complexos prematuros de pecado.
O pecado empequenece e mingua a grandeza do rapaz e da rapaza,
impídelles gozar da beleza luminosa da vida.
Só gozan de verdade os limpos de corazón!

Modelo de corazón limpo e a Virxe María.
Mirala é comprender toda a beleza sublime das almas iluminadas.
Felices os limpos de corazón, porque verán a Deus.

Pídelle á túa nai María: Corazón grande como o mar,
limpo como unha estrela.
Paga a pena loitar con sangue por manter o corazón transparente.
Nos teus ollos, Virxe María, nosa Nai, hai unha luz misteriosa!
Santa María dos ollos limpos, roga por nós!,
roga por nós!, roga por nós! 



Comentarios

Publicacións populares