Mandou Deus o seu Fillo para que, por El, se salve o mundo - Xn 3, 16-18
Santísima Trindade - ciclo A
A LUZ
DE DEUS BRILLA EN TI
Cando te esqueciches de Ti mesmo,
cando te esgotaches no servizo aos últimos,
cando venciches a tentación de calquera apego,
cando aceptaches o sufrimento coma compañeiro.
Cando soubeches perder,
cando xa non queres gañar,
cando compartiches o que ti precisabas,
cando te arriscaches polo pobre.
Cando enxergaches as bágoas do inocente,
cando rescataches a alguén do seu inferno,
cando te introduciches no corazón do mundo,
cando puxeches a túa vontade nas mans de Deus.
Cando te purificaches do teu orgullo,
cando te baleiraches de tanto consumismo
superfluo,
cando te sentes ferido ....
brilla en ti, gratis, a luz de Deus,
sentes a súa presenza envolvéndote e
reanimándote.
Xa non precisas outros tesouros.
Deus acompáñate, fálache, protéxete.
Comentarios
Publicar un comentario