Ascensión A. Deus sobe entre aclamacións, o Señor, ao son de trompetas - Salmo 46

Domingo Ascensión do Señor - ciclo A


CONDÚCEME

Guíame, clara luz,
a través das tebras que me rodean,
lévame cada vez máis adiante.
A noite está escura
e estou lonxe de casa,
condúceme Ti, cada vez máis adiante.

Guía os meus pasos: non che pido
que me fagas ver desde agora
o que me reservas para máis adiante.
Un só paso é bastante para min,
polo momento.

Non sempre fun así;
nin tan pouco recei sempre
para que Ti me conducises.
Gustábame elixir o meu propio camiño;
pero agora che pido que me guíes Ti
sempre máis adiante.
Ansiaba os días de gloria
e o orgullo dirixía os meus pasos;
oh! non te acordes deses anos xa pasados.

O teu poder bendíxome longamente,
e sen dúbida agora tamén
saberá conducirme pola estepa e os pantanos,
polo pedregal e os abruptos torrentes
ata que a noite pasase
e sorría o amencer.
Pola mañá, aqueles rostros de anxos
que amara por longo tempo
e que durante unha época perdín de vista,
volverán sorrir.

Guíame, clara luz,
lévame cada vez máis adiante. 
Amén.


Ignacio Larrañaga

Comentarios

Publicacións populares