Corpus Christi A. Glorifica ao Señor, Xerusalén - Salmo 147

Corpus Christi - ciclo A


A FESTA DA VIDA

Axiña! Deixade os vosos negocios.
Sigamos a receita do Señor.
Amasemos todos, na artesa, coas mans.
E vexamos con alegría como medra o pan.

Cozámolo no forno do amor.
Porque celebramos o encontro con Xesús
e renovamos o noso compromiso co Reino.
Ninguén quedará con fame nin estará só e triste.

Hai para todos, en abundancia,
cando se comparte.
Vinde todos participar na festa da vida.
É o Señor quen nos invita.

                                                  Florentino Ulibarri

Comentarios

Publicacións populares