Xornadas de Pastoral Educativa 2012

Comunicado enviado por :


Benqueridos amigos e amigas:

            Os días 3 e 4 de febreiro celebraremos as Xornadas de Pastoral Educativa do 2012. (...)

            Co paso dos anos, este evento converteuse nun importante encontro de profesores dos nosos centros, e algúns máis dos outros centros privados e de profesores de Relixión do ensino público.

            Permítome lembrarvos que as Xornadas están pensadas para todo o noso profesorado, de Relixión e de calquera outra materia. Non é doado manter unha boa saúde cristiá dos nosos idearios sen homes e mulleres ben formados.

As Xornadas son, ou queren ser, unha axuda máis nese senso. Xa sei tamén que moitos de vós tedes xornadas de formación organizadas polos vosos encargados provinciais. Nestas engádese o interese de coñecer e sentir a forza dun grupo de homes e mulleres comprometidos na educación cristiá da infancia e da mocidade, fronte á educación baleira de sentido fondo do vivir que predomina na sociedade actual.

Para este ano buscáronse 3 xestos que dean sentido de compromiso á nosa inspiración pastoral. Acudiuse a 3 palabras que orienten a nosa acción educativa cristiá. Entre xestos e palabras, queremos revitalizar a "oportunidade" da nosa vida pastoral nos centros. E facelo con sinceridade.

            3 Xestos: Voluntariado. Organizacións. Economía

            1) Luis Aranguren        Director de PPC, experto en voluntariado.
                        “Educar, sen medo, na experiencia e a mobilización”

            2) Rosana Hernández      Fundación Carmen Pardo ­Valcárcel para discapacitados.   
                       Organizacións: “Apostemos. Conecto o meu centro cunha rede máis ampla”

            3) Enrique Lluch          Profesor de economía da Univ. Herrera Oria. Valencia
                        Economía: “Da egoeconomía á altereconomía, unha proposta edupastoral”
            
            4) Juan Carlos García        Responsable formación Edelvives.
                        Inspiración: “Xesús, o oportuno en xestos e en palabras”

            5) José Manuel Almarza     Dominico, profesor Facultade Teoloxía Salamanca e Valencia. 
                        Compaixón: “Palabra suave que se fai grito”

            6) Bonifacio Ofogo                 Mediador socio-cultural. Camerún.
                        Expresión: “ Palabras e xestos para ensinar a pescar? Mañá será tarde”

            Lémbrovos que o prezo da inscrición son 45 €. Na folla de inscrición van as instrucións necesarias para facer a matrícula. As Xornadas vanse celebrar, como o ano pasado, no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago. 




PARA MÁIS INFORMACIÓN CONTACTAR CON : galicia@escolascatolicas.es
            

Comentarios

Publicacións populares