Dez agasallos que non custan nada



Tamén no Nadal podemos educar en valores de modo sinxelo. Os expertos din que a ilusión dos nenos se centra en dous ou tres agasallos, quedando pouca para o resto. Nesta época de consumo desaforado, aos nosos fillos abarrotámoslles de obxectos, pero eles necesitan outra cousa. Así o resumía Forges nun debuxo no que un neno lle contaba a outro o que lle trouxeron (dá igual que sexan os Reis ou Papá Noel):
-“A min, un computador novo, unha impresora de cor, 35 xogos da game, o láser-pistola espacial, a estación orbital Selene, un equipo completo de mergullo, o traxe do Madrid e a colección de vídeos de Disney. E a ti?”
- “O meu papá e a miña mamá déronme bicos!”
- “Bo, que sorte”-laméntase o primeiro.

O mellor agasallo de Nadal que podemos ofrecer aos nosos fillos é o noso tempo. E ademais, a eles e a todas as persoas, podemos facer algún destes agasallos que nada custan. E axudar aos nosos fillos a que, aos poucos, tamén eles os fagan.

O agasallo da...
  Escoitar atentamente, sen interromper, sen interpretar ou aconsellar. Só escoitar. Escoitar activamente é unha auténtica forma de amar.

O agasallo do...
Ser xeneroso con bicos, abrazos, palmadas nas costas e apertóns de mans. Estas pequenas accións demostran o agarimo pola túa familia e amigos.

O agasallo do...
Sorrir sempre, pois o sorriso non custa nada e rende moito, dura un instante e lémbrase toda a vida, ninguén é tan pobre que non a poida dar nin tan rico que non a necesite, enriquece ao que a dá e está máis necesitado dela o que non a pode dar.

O agasallo das...
 Pode ser unhas simple "Grazas por axudarme". Ou “Perdón por...”. Un detalle como estes pode ser lembrado para sempre.

O agasallo do...
Un simple e sincero "Véxoche xenial de vermello", "Gústame o traballo que fixeches" ou "Foi unha estupenda comida" pode facer especial un día tras outro.

O agasallo do...
Procura facer cada día un favor. E pide tamén as cousas por favor.

O agasallo da...
Hai días que non hai nada mellor que estar só. Se sensible a eses días e dá este agasallo aos demais ou solicítallo.

O agasallo da...
Dicirlle á xente cosas que non son difíciles de dicir ("Ola", "Moitas grazas", “Conta comigo”) é a maneira máis fácil de facerlle sentir ben.

O agasallo do...
Perdoar e ser capaz de recibir o perdón libéranos e nos esponxa o corazón.

O agasallo da...
Lembra na túa oración ás persoas que queres e ás que coñeces (amigos ou inimigos). Regálalles un pensamento positivo: pide e desexa que crezan no mellor que teñen.

Estes poden ser os nosos agasallos de Nadal... e de sempre.

Comentarios

Publicacións populares