Festa de San Brais/S.Blas - 3 febreiro
Século IV, bispo de Sebaste (Armenia, Turquía)
Mártir na persecución de Licinio, no 316. Viviu como eremita nunha cova fuxindo das persecucións onde era atendido, segundo a tradición, polos animais. Detido e no cárcere, curou a moitos enfermos, de aí a súa fama de santo. Rexeitou abandonar a as súas crenzas polo que foi torturado e decapitado.
Camiño do martirio atopou unha muller cun neno que tiña unha espiña na gorxa, bendiciu ó neno e tocouno e o neno quedou curado; por iso o seu culto é moi popular para as afeccións na garganta.
Camiño do martirio atopou unha muller cun neno que tiña unha espiña na gorxa, bendiciu ó neno e tocouno e o neno quedou curado; por iso o seu culto é moi popular para as afeccións na garganta.
MONICIÓN INTRODUCTORIA
Despois do canto de entrada e do saúdo inicial
Seguindo esta popular tradición, viñemos a recibir a bendición de Deus neste día do seu mártire, San Brais.
Veneramos a este santo como intercesor ante Deus nos males da gorxa, a partires do día en que unha nai lle pediu que auxiliase ao seu fillo, que se estaba asfixiando por mor dunha espiña de peixe que se lle atragantara. O santo curouno facendo sobre el o sinal da cruz. Esta é o sinal salvador de Cristo, o único que fai marabillas. Que a súa bendición sobre os alimentos atráianos cara ao pan de vida eterna, o propio Cristo, o Señor.
Acto penitencial:
Antes de celebrar os santos misterios, recoñezamos humildemente os nosos pecados (silencio durante uns instantes). Rezo do EU CONFESO, ó ben a terceira fórmula:
Ti que fuches enviado a sanar os corazóns afligidos:
SEÑOR, TEN PIEDADE.
Ti que viñeches a chamar aos pecadores:
CRISTO, TEN PIEDADE.
Ti que estás sentado á dereita do Pai para interceder
por nós: SEÑOR, TEN PIEDADE. Dise Gloria (mellor cantado)
Oración recada
Escoita, Señor, as súplicas do teu pobo, que hoxe che invoca apoiado na protección do teu mártir san Brais: concédenos, polos seus méritos, a paz nesta vida e o premio da vida eterna.
Polo noso Señor Xesucristo.
ORACIÓN DOS FIEIS PARA AS MISAS
Lembrando hoxe a San Brais, que soubo amar a Deus e aos irmáns até dar a súa vida en testemuño da fe, pidamos ao noso Pai celestial que escoite a oración da súa Igrexa:
1. Por toda a Igrexa: para sexa sempre fiel a Deus, proclame
con valentía o Evanxeo, e busque o ben dos homes.
Roguemos ao Señor.
2. Polos gobernantes: Para que busquen sempre o ben común
e promovan a concordia, a xustiza e o benestar de todos.
Roguemos ao Señor.
3. Pola paz entre nós e no mundo enteiro: Para que
desaparezan as ameazas de guerra e os actos de violencia,
contrarios á dignidade humana e aos dereitos
inviolables de todos os homes e mulleres da terra.
Roguemos ao Señor.
4. Polos irmáns que máis sofren: Para que Deus abra
os corazóns de quen vivimos na abundancia ás necesidades
dos nosos irmáns.
Roguemos ao Señor.
5. Polas familias: Para que, coa graza de Deus,
superen as dificultades e cada
día crezan máis no amor e na entrega mutua.
Roguemos ao Señor.
6. Por todos os que nos encomendamos á intercesión de San
Brais: Para que ao invocalo sexamos bendicidos por Deus
coa saúde física e espiritual e con toda clase de bens.
Roguemos ao Señor.
Escoita, Deus de bondade, as nosas súplicas, e por intercesión do teu mártir San Brais, concédenos con bondade canto che pedimos.
Por Xesucristo o noso Señor.
Amén
Oremos xuntos coa oración que o propio Señor nos aprendeu:
Noso Pai ...
ORACIÓN DE BENDICIÓN (despois da comuñón)
Señor, que o sacramento que recibimos nos dea a fortaleza con que o mártir san Brais se mostrou sempre fiel ao teu servizo e vencedor no tormento.
Por Xesucristo o noso Señor.
CONCLUSIÓN DO RITO
Convén terminar o rito cun canto de acción de grazas:
Salmos 66 (A Deus dean grazas), 88 (Cantarei eternamente) ou 137 (Dámosche grazas, Señor).
ADAPTADO DE : www.parroquiasannicolas.es
----------------------------------------------------
Esta é unha festa moi popular en Galicia (Bembrive, Briallos, Monforte...) na que se bendí pan ou roscas (nalgúns lugares tamén bolos). Parece que a tradición ten que ver coa forma de presentación das roscas, anudadas por unha cinta que se bendicía colgándoa na figura do santo e logo se colgaba da gorxa para protexernos durante o ano das afeccións de garganta.
Comentarios
Publicar un comentario