DOMINGO 2 DE PASCUA - CICLO C
LECTIO:
DOMINGO II DE PASCUA-C
27 abril 2025
O episodio relacionado con
Tomé só aparece no evanxeo de Xoán. Maiso mesmo Xoán nos di que houbo “moitos
outros signos” que fixo Xesús entre os seus discípulosdespois de resucitado que
el non nos conta. De xeito que eses moitos signos, que para un xornalista dos
nosos días serían de interese excepcional, a el non lle doe non contalos un por
un. En realidade,Xoán xunto cos demais apóstolos e discípulos de Xesús saben
ben que o importante é o encontro co seu Mestre, co de antes e co de despois da
resurrección. E para encontrármonos con el e adherírmonos a el abonda cun par
de experiencias fondas e íntimas. Eles non son xornalistas, senón transmisores
de fondas e inesquecíbeis experiencias que tiveron con Xesús.
Por iso Xoán, pensando
seguramente nas persoas que non participarían directamente nesas experiencias,
preséntanos a escena de Tomé co Resucitado. A escena lémbrame un pouco a parábola do fillo
pródigo (ou, comoadoito dicir, do “Pai misericordioso”). Fálasenos nela sobre a
bondade a toda proba de Deus. Cando o seu fillo volve despois de moito
esperalo, o seu pai apértao con agarimo sen lle botar en cara a súa conduta. Na
escena de hoxe é Xesús mesmo quen se comporta amorosamente condescendente co
seu apóstolo. Acepta as condicións que Tomé puxera sobre a mesa para crer nel:
ver directamente as furas dos cravos nas súas mans e comprobar amodo e
directamente que el era a mesma persoa coa que convivira e non unha pantasma.
¿Que lle ocorreu a Tomé
para pasar tan rapidamente dunha actitude de autodefensa fronte ós seus
compañeiros á outra na que se derruba ante o seu Mestre, que lle permite
realizar con el as probas que considere pertinentes?A resposta a esta cuestión
é importante porque nos afecta tamén a nós, que loitamos moitas veces entre a
nosa crenza a as ameazas ou as dúbidas que á nosa propia crenza se lle
presentan.Coido que canto máis pensemos e aceptemos a grandeza de Deus a
tódolos niveis, tanto máis doado nos será crer nel. Porque as cousas de Deus
son sempre grandiosas, inimaxinábeis. El é sempre o absolutamente infinito en
todo. Por iso o grande misterio das cousas feitas por el. O da materia, da
vida, do noso interior e de mil outras realidades que nos admiran. Misterioso é
o nacer, o vivir, o morrer e, por suposto, tamén o resucitar.
Tomé fixo, pola súa parte,
a experiencia do Xesús resucitado e con esa experiencia fixo tamén a
experiencia de que el, Tomé, vai poder tamén resucitar. Isto enche o seu
espírito de alegría, de confianza e de fonda paz. Tódalas probas que el tiña
pensado realizar co Xesús supostamente resucitado caen por terra como xoguetes
de rapaces pequenos ante a grandeza que se lle presenta directamente diante
del: un Xesús poderoso e bondadoso. Poderoso, porque é xa señor da morte, vencida
por el, e entrañabelmente bondadoso porque ten a condescendencia de se ocupar
de Tomé e dos seus problemas coma se non existise no mundo ningún outro do que el
se houbera de ocupar. Por iso, Tomé non podía dicir máis có que dixo: “¡Meu
Señor e meu Deus!!”.
Abondade e o amor fan, xa
que logo, milagres. Entre eles o milagre de resucitar. Verdadeiramente o amor
non morre. E se Deus, o Deus Pai de Xesús e noso tamén, é Amor (tal como se nos
di na primeira carta de Xoán), entón temos aí o segredo ou a clave de por que
Xesús resucitou e de por que tamén nós resucitaremos. Dicíao xa o famoso
pensador francés Gabriel Marcel: “amar unha persoa é dicirlle ‘ti, ti non morrerás endexamais’”.
Dito isto, permitídeme
rematar aludindo á figura do papa Francisco, que xustamente na mañá deste
sábado recibiu cristiá sepultura en Roma. No me cabe dúbida de que el, coa
graza de Deus, intentou de moitos xeitos estar sempre á beira dos sufrintes,
dos pobres, dos encarcerados, dos perdidos, dos pequenos, dos ninguén.
Boa mostra diso é a multitude de persoas do mundo
enteiro que quixeron estar presentes onda o seu féretro dende que el finara o
luns pasado. Indubidabelmente intentou elfacer presente no noso tempo a figura
de Xesús e os seus modos de comportarse coa xente do seu tempo. Coma o pai da
parábola do fillo pródigo ou o acolledor Xesús do incrédulo Tomé.
Que o Pai de Xesús, Pai
tamén noso, o reciba na súa gloria!
Manuel Cabada Castro
VER TAMÉN:
https://www.gruposdejesus.com/2-pascua-c-xoan-2019-32/
Comentarios
Publicar un comentario