DOMINGO XXVIII DO TEMPO ORDINARIO B
LECTIO:
Domingo XXVIII Ordinario.
Á busca da plenitude. 13 outubro 2024
Xesús está sempre á beira das vidas humanas coas que se encontra e mergúllase
nelas. Para acompañalas, animalas, erguelas a novos e insospeitados niveis de
realización. Porque o ser humano, é dicir, todos nós levamos dentro xermes de
autosuperación, de novas posibilidades de realizármonos. Porque o noso
interior, os nosos desexos e horizontes son sempre máis amplos. Todos queremos
ir sempre alén dos nosos horizontes acostumados. Queremos ser sempre o que
somos, mais tamén máis do que somos e selo ademais sen que tal situación
endexamais remate.
Pasáballe o mesmoá persoa da que se nos di que se axeonllou ante Xesús. Xesús era para el
símbolo e resumo da máxima bondade e grandeza que se podía atopar no mundo.
Dísenos que tal persoa era un home adulto, ben asentado xa na vida. Posuía bens
e fortuna. Fálase tamén da súa “mocidade” como dunha etapa pola que xa pasara
na vida. Pois ben, esta persoa non era totalmente feliz, non se encontraba
totalmente satisfeito consigo mesmo. Non deixa el de albiscar que algo lle faltaba
aínda para realizar plenamente a súa vida. Vive, si, e vive ademais con fidelidade
ás normas tradicionais da súa relixión xudía. Digamos que se trata dun crente
cabal do xudaísmo. Garda os mandamentos. Eses mandamentos que son os mesmos que
todos sabemos de cor desde pequenos.
Mais o que a el lle
preocupaera a curtidade da vida e o pouco que en
definitiva a vida lle satisfai. De que lle vale a el vivir ben e serun bo xudeu
practicante, se resulta que despois de todo a súa vida non é “eterna”? Porque
ter vida “eterna” non é só tela despois, é dicir, a que chamamos a vida despois
da morte. Non. Vida “eterna” é vida plena. E tela tamén durante a vida
presente. É dicir, sentirse –tal como adoitamos dicir– plenamente realizados e
felices co que estamos a facer na vida.
No contexto destas
consideracións, pódese entender algo da importancia
e da paixón coas que esta persoa lle formularía a súa pregunta a Xesús: “Mestre
bo, que teño que facer para acadar a vida eterna?”.A esta persoa non lle satisfacía, como digo, a súa vida normal relixiosa. Algún baleiro se abría no seu
interior que demandaba nova luz e novas augas de vida. E Xesús, ese mestre de
vida que Deus Pai ofrece de maneira plena e definitiva ao mundo –a toda a
humanidade–, vaille ofrecer o verdadeiro camiño de realización. É un vieiro
dificultoso, á primeira vista case imposíbel de realizar, mais gratificante,
plenificante, fornecedor de verdadeira “vida eterna”, daquilo xustamente sobre
o que esta persoa demanda información, porque o preocupa e atrae.
Xesús sabe do dificultoso e pedregoso deste camiño, que en definitiva é el
mesmo. Pois sabemos que el se presenta en persoa ante nós como “o camiño, a
verdade e a vida”. Por iso–seguramente para darlle ánimos ao que lle preguntaba
sobre o modo de “acadar a vida eterna”– dinosMarcos que Xesús “o fitou cunha
mirada chea de agarimo”. Aínda así, Xesús non acadou vencer as resistencias que
o feito de ter “moitos bens” lle impedían empezar a andar polo verdadeiro
camiño de “acadar a vida eterna”.
Porque o resto da
mensaxe de Xesús é ben coñecido. É unha linguaxe dura
e sen contemplacións contra acugular riquezas que non se poñen ao servizo dos
demais, dos máis pobres e necesitados. As moreas de riquezas agáchannos a
visión da realidade e non nos deixan ollar as necesidades dos outros. Por algo
o papa Francisco nos dicía nalgunha ocasión o seguinte: “Como me gustaría unha
Igrexa pobre e para os pobres!”. Este papa tomou precisamente este nome de
Francisco pola admiración e devoción que lle ten a San Francisco de Asís. E ben
sabemos que este santo italiano levou na súa vida a mensaxe de Xesús sobre a
pobreza ata as últimas consecuencias.
En principio e
falando de modo xeral, semella ser algo estraño ou sorprendente este medo á pobreza, porque Xesús lles asegura aos que
se desprenden dos seus bens que acadarán felicidade non só na “outra” vida,
senón tamén nesta. “Recibirán agora, neste tempo, –anúncianos Xesús– cen veces
máis ... e, no mundo futuro, a vida eterna”. Neste sentido podemos dicir: Hai
alguén que poida dar máis có que ofrece Xesús en compensación da renuncia aos
propios bens?
Certamente, o evanxeo dá sempre que pensar. Coa súa palabra e co seu exemplo Xesús non deixa de
nos ofrecer e presentar novos camiños, os camiños sempre novos de Deus, para
acadarmos a felicidade. Unha felicidade que certamente non se acada cando
sistematicamente se foxe de canto leva consigo esforzo e renuncias persoais.
Manuel Cabada Castro
VER TAMÉN:
https://www.gruposdejesus.com/28-tempo-ordinario-b-marcos-1017-30-4/
Comentarios
Publicar un comentario