SEMANA 3 DE CORESMA


SALMO DA CONFIANZA

De Ti, Señor, fiámonos,
en Ti confiamos sempre,
pois sabemos que Ti
xamais abandonas
a todos os teus amigos,
dos que coidas
con infinita tenrura.

Sabemos, Pai bo,
dos teus inmensos coidados
para co paxaro e a flor.

Sabemos, contáronnolo,
dos teus infinitos detalles
de delicadeza e amor
que vas sementando pola vida.

Dámosche grazas,
encomiámosche sempre,
porque coidas dos pobres,
dos Lázaros deste mundo,
dos que non traen nada.

Ti es sempre
sabor a fogar e a pan
para os sen nada.

Axúdanos aos pobres
a descubrirche a Ti
que es fortaleza. Amén.





Busca aquí:


Comentarios

Publicacións populares