SEMANA 2 DE CORESMA



SALMO DO XAXÚN

Non queremos, Señor,
caras longas
nin corazóns tristes.

Xaxuar é ter fame de ti,
é solidarizarse cos pobres,
cos pequenos do mundo,
que xaxúan de todo
porque apenas teñen nada.

Sabemos, Señor,
que o xaxún que ti queres
é amor derramado,
entrega ofrecida,
cambio de corazón.

Señor, polo xaxún,
fainos partir o pan
cos que non o teñen,
repartir esperanza
cos que carecen dela,
amar a todos
sen excluír a ninguén.

Dános Señor,
ser sinxelos e transparentes,
acollendo de ti
a iniciativa,
a pór o corazón en marcha. Amén.



Busca aquí:
Lecturas Semana 2

(Perdoade o retraso, é o que pasa cando estás doente...)

Comentarios

Publicacións populares