Predestinounos a reproducirmos a imaxe do seu Fillo - Rm 8, 28-30

Domingo 17 Ordinario - ciclo A 


COMPARACIÓNS 

E PARÁBOLAS

Comparacións e parábolas, é a túa forma
de falar, Señor, sobre o Reino dos Ceos.
Un tesouro, unha perla de gran valor,
unha rede repleta e a sabedoría do pai de familia.
Todo por alcanzar o Reino dos Ceos.

Chega ata o noso corazón a sabedoría dos
santos Padres, santo Ambrosio deixounos escrito:
«A vida é estar con Cristo, onde está Cristo
alí está a vida e alí está o Reino».
Agora quédanos máis claro.

O Reino es Ti, Señor. A túa vida, a túa mensaxe,
O teu Evanxeo, o teu exemplo.
Ti es ese gran tesouro e esa perla fina
pola que merece a pena deixalo todo.
Ti es, Señor, ese irmán maior que con gran sabedoría
nos aconsella, nos orienta e nos axuda a discernir.

Dixéronnos tantas veces que Ti es a vida, Señor.
Pero ás veces, seguimos sen crérnolo de verdade.
Quizais nos falte experimentar máis a fondo esta verdade.
Fáltasnos Ti, Señor. Non por Ti, non porque Ti
non esteas dispoñible, senón por nós.

Oxalá que te descubramos como o maior tesouro
polo cal un estaría disposto a dar ata a vida!

EVD






Comentarios

Publicacións populares