O rei Herodes fixo decapitar a Santiago - Feit 4, 33. 5, 12. 27b-33; 12, 1b.
Día do Apóstolo - 25 de xullo
GALICIA E O MUNDO
Un mundo para irmandade aínda ausente
e unha patria pequena para facela
un ancho mundo lar de toda a xente
e unha patria pequena para querela.
Un mundo para acoller canto haxa vivo
e unha patria pequena para as obrigas
unha terra aberta coma un río
e unha patria pequena fonte viva.
Un mundo sempre novo para o sorriso
e unha patria pequena para entendela
un fondo mar para navegar coa vida
e unha patria pequena dorna e vela.
Un mundo para a conversa en amplo foro
e unha patria pequena para ter nome
unha casa de irmáns patria de todos
e unha patria pequena para ser home.
Un mundo como un agro colectivo
e unha patria pequena para sucalo
unha mesa común con pan e viño
e unha patria pequena espiga e acio.
Un mundo carballeira, souto e fraga
e unha patria pequena para as raiceiras
unha chaira sen coutos grande e mansa
e unha patria pequena para a raxeira.
Un mundo para dar eco a mil cantares
e unha patria pequena para crealos
un camiño por eidos estelares
e unha patria pequena para dar pasos.
Un mundo sen atrancos nin encoros
e unha patria pequena voz amiga
unha terra total patria de todos
e unha patria pequena, ti Galicia.
Xosé
Antón Miguélez Díaz
É FESTA NA NOSA TERRA! QUE MELLOR MOMENTO PARA
COMPARTIR E AGRADECER A NOSA IDENTIDADE, A NOSA FE, A NOSA XENTE? - 25 xullo 2017 - SANTIAGO APÓSTOLO
ESCOITA ACTIVA
Agradecidos. Si, este pode ser hoxe o adxectivo que
nos axude a centrar a celebración que irnos comezar. Agradecidos porque
formamos parte dunha comunidade que reza de xeito solidario polos demais, sexan
de aquí ou vivan a milleiros de quilómetros. A fe é universal. Non pode
pecharse nun curral para que non saia, e sexa só para nós.
Agradecidos tamén porque esa fe podemos vivila cos pés
na terra, facendo nosos "os gozos
e
as
esperanzas, as tristuras e angustias" dos homes e mulleres que viven ao
noso lado, co realismo
e a tenrura coas que tamén Xesús soubo vivir coa
xente do seu tempo os seus problemas e as súas ilusións.
Neste día do Apóstolo; neste día de Galicia, poñamos
os pés no chan, abramos ben os ollos e fagamos unha oración sinxela e sincera
fitando cara ao ceo.
CORAZÓN MISERICORDIOSO
* Por non poñer o noso tempo ao servizo de quen
o necesita,
SEÑOR, AFÁSTANOS DA TENTACIÓN INDIVIDUALISTA.
* Por non saber escoitar a voz de Deus, que nos
fala cada día a través das pequenas cousas, CRISTO, AFÁSTANOS DA TENTACIÓN
INDIVIDUALISTA.
*
Por non aprender a ser sinxelos con quen está ao noso
lado,
SEÑOR, AFÁSTANOS DA TENTACIÓN INDIVIDUALISTA.
PALABRA ENRAIZADA
A diferenza de Herodes, nós non necesitamos pasar a
coitelo a ninguén. Para un seguidor de Xesús, as opinións distintas e
discrepantes non se suprimen nin se acalan pola forza da violencia, do
sometemento ou da morte. Ao contrario, para un cristián saber que hai
discrepancia é todo un estímulo para poder ofrecer razóns que expliquen o
porqué do noso actuar e das nosas conviccións. E isto que formulado parece
doado, se miramos ao noso redor, está a resultar cada día máis difícil. As
persoas non nos escoitamos, e antes de que o outro acabe de falar, xa ternos a
resposta feita sen esperar a dar razóns.
Esta lóxica, cada día máis
presente na nosa sociedade, temos que ila superando para poderes entrar na
lóxica do Evanxeo, na lóxica de Xesús. A lóxica que logo foron capaces de ir
desenvolvendo aqueles primeiros seguidores. Así, diante do recurso fácil á
violencia, e á tentación de facer desaparecer a quen discrepaba, os discípulos
non tiveron medo a anunciar o evanxeo, a actuar con sinceridade con sinxeleza,
mesmo expoñendo a súa propia vida. A palabra, don e tesouro, converteuse para
eles no medio a través do cal facían posible a invitación de Xesús: "Ide e
anunciade".
A reflexión anterior ben nos podería valer para estes
tempos tan convulsos que estamos a vivir, e nos que se pretende enganar,
someter ou dominar ao outro/a a través da mentira, as confusións ou as medias
verdades. Políticos, banqueiros, relixiosos, empresarios, traballadores...
ninguén queda libre desta tentación de rexeitar a verdade para adaptala os seus
intereses. Que mellor que un día coma hoxe para lembralo!
Un día no que moitos buscan saír no telexornal das
tres para que todos vexan o bos e xenerosos que son, e o ben que fan
preocupándose pola xente desta terra, cando logo as súas decisións ou o seu
xeito de actuar e facer as cousas no resto do ano está moi lonxe disto. Uns e
outros afirman ser os mellores.
Por iso o salmo (no que lle diciamos ao Señor a
importancia de que saibamos loalo non só con palabras, senón con feitos) pode
valernos para que non esquezamos onde e en quen debemos poñer nós a nosa
esperanza, para que ninguén nola quite nin a utilice para os seus intereses,
que unha vez conseguidos, volven as costas a esas persoas
ás que antes tanto querían e das que tanto dicían preocuparse. Loar a Deus
desde a terra, desde esta ten-a, supón facer dos seres humanos
verdadeira e auténtica dignidade no día a día, e non só no día da terra, a
patria ou a comunidade que se queira celebrar. As persoas non só somos para un
día, senón para todo ano, para sempre.
A este compromiso e a esta tarefa é a que nos chama o
evanxeo que acabamos de proclamar. Como Santiago, tamén nós moitas veces
dicimos que nada se nos vai atravesar entre nós e o seguimento de Xesús —o
cáliz—; pero despois esquecemos este compromiso e somos violentos, prestamos
pouca atención a quen nos fala, caemos na tentación de renunciar a ser honestos
—porque tamén nas cousas pequenas un se corrompe—, a ser xustos, a ser
solidarios... e reducimos todo a dicir que nin roubamos nin matamos. Pero sen
que teñamos que facer estas dúas cousas para apartamos da fidelidade ao
evanxeo, si que facemos moitas outras que nos van poñendo lonxe do que quería e
ao que nos invita Xesús. Un bo día hoxe, polo tanto, para reflexionar como está
sendo a nosa resposta a beber do cáliz do seu seguimento.
FRATERNIDADE ORANTE
Neste día de festa en Galicia, e sen perder a
perspectiva da universalidade de Igrexa, rezamos xuntos dicindo:
QUE DESDE ESTA TERRA SAIBAMOS VIVIR A UNIVERSALIDADE DA FE
QUE DESDE ESTA TERRA SAIBAMOS VIVIR A UNIVERSALIDADE DA FE
·
Para que
sexamos unha Igrexa que sabe incorporar á súa tarefa e á súa oración, as
esperanzas e dificultades das persoas ás que serve, OREMOS.
QUE DESDE ESTA TERRA SAIBAMOS VIVIR A UNIVERSALIDADE
DA FE
·
Para que, seguindo a Santiago, tamén aprendamos a
recoñecer que os demais, inda que non
pensen coma nós, nos enriquecen co seu pensamento e co
seu actuar, OREMOS.
QUE DESDE ESTA TERRA SAIBAMOS VIVIR A UNIVERSALIDADE
DA FE
Para que aprendamos a facer das nosas parroquias
lugares onde poñamos en práctica a colaboración entre os veciños, desterrando o
individualismo e o enfrontamento, OREMOS.
QUE DESDE ESTA TERRA SAIBAMOS VIVIR A UNIVERSALIDADE
DA FE
·
Para que cantos hoxe celebramos a nosa festa nos
sintamos queridos, agarimados e valorados
no seu traballo ao longo de todo o ano, e non só hoxe,
OREMOS.
QUE DESDE ESTA TERRA SAIBAMOS VIVIR A UNIVERSALIDADE
DA FE
Grazas, Señor, por este día no que nos invitas a non
perder a visión universal da fe servindo a quen temos máis preto. P.X.N.S.
Amén.
MIRADA DE ESPERANZA
Señor, grazas por nacermos galegos /as,
neste recanto precioso do mundo,
que nos deu forma humana e identidade,
para barallarnos con asento no concerto das xentes e
dos pobos.
Grazas pola fala galega,
coa que nos expresamos de forma sinxela, espontánea e
verdadeira, a fala que fomos construíndo durante séculos,
e que é un regalo da vida e
da cultura, un precioso regalo teu tamén.
(Manolo Regal, A grata daquel verán, páx. 216)
CANTO GOZOSO:
ENTRADA: Pedras vivas
LECTURAS:
Benaventurados
OFERTORIO: Na
nosa terra
Comentarios
Publicar un comentario