O Señor ha manifesta-los motivos dos corazóns - 1 Cor 4, 1-5

Domingo 8 do Tpo.Ordinario - ciclo A


PASA, ENTRA

Unha e outra vez,
sen cansarte,
cando me achego á túa porta, murmúrasme:
Pasa, entra,
aquí fai menos frío que na rúa
e hai leña para o lume;
un pouco de calor non vén mal!

Pasa, entra,
aquí hai unha canción que descansa
e unhas viandas para recuperar forzas;
estarás como en casa!

Pasa, entra,
e sente que hai quen dubida como ti
e levántase coa forza que queda,
sen avergoñarse da súa condición humana!

Pasa, entra,
aquí hai brazos para abrazarte,
beizos para bicarte e oídos para escoitarte;
atoparás o que realmente che fai falta!...
E eu, vencendo as miñas resistencias,
coa cabeza baixa, cheo de dúbidas e fantasmas, 
entro e saio cheo de esperanza...
sen avergoñarme de escoitar a túa Palabra!


Florentino Ulibarri
Paráfrasis de Pedro Guerra



Comentarios

Publicacións populares