Domingo 5 de Ordinario A
Di o Señor:
7¿Non é acaso reparti-lo teu pan co famento
e acoller na túa casa os pobres sen pobo?
Cando véxa-lo espido, vísteo
e non te escondas da túa propia carne.
8Entón resplandecerá a túa luz coma a alba
e a carne nova da túa ferida brotará logo.
Si, a túa xustiza camiñará diante de ti
e a gloria do Señor pechará a marcha.
9Entón clamarás ó Señor e responderache,
pediraslle axuda e dirache: "Aquí estou".
Se apartas do medio de ti o xugo,
o sinalar co dedo e a palabra mala,
10se lle quitas ó famento a gana que ti sentes,
e fárta-la gorxa aflixida,
entón a túa luz brillará na escuridade
e a túa tebra será coma o mediodía.
SALMO RESP. Sal 111,
4-5. 6-7. 8a e 9
R/ (4a): Nas tebras brilla unha luz para os rectos,
Ou: Aleluia
4Nas tebras brilla unha luz para os rectos,
os xustos, os misericordiosos e os clementes.
5Benia quen se apiada e presta,
e goberna os seus bens con xustiza.
6Endexamais non perecerá,
pois de eterna lembranza son os rectos.
7Non terá medo de malas noticias,
pois o seu corazón confía no Señor.
8O seu corazón está
firme e sen medo,
9Dálles xenerosamente ós pobres,
a súa prosperidade é duradeira:
erguerá con honor a súa fronte.
SEGUNDA
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN
PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS
2 1En canto a min, irmáns, cando cheguei onda vós, non
cheguei exhibindo elocuencia nin saber para anunciárvo-lo misterio de Deus. 2Nada pretendín
saber entre vós fóra de Xesús Cristo; e Cristo crucificado. 3E eu presenteime diante vosa
cunha sensación de impotencia e tremendo de medo; 4e a miña palabra e maila miña
predicación non se apoiaban en argumentos persuasivos e sabios, senón que constituían unha
demostración do poder do Espírito: 5todo para que a vosa fe non se apoie na sabedoría
dos homes, senón no poder de Deus.
ALELUIA Xn 8, 12:
Eu son a luz do mundo, di o Señor;
quen me segue terá a luz da vida
EVANXEO Mt 5, 13- 16
Vós sóde-la luz do mundo
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
Dilles Xesús ós seus discípulos:
13Vós sóde-lo sal da terra. Pero se o sal se volve insulso,
¿con que se vai salgar? Para nada vale xa, senón para tirar con el e que o pise a xente.
14Vós sóde-la luz do mundo. Non se pode agachar unha cidade
afincada na cima dun monte. 15Tampouco se encende unha lámpada para poñela
debaixo da artesa, senón sobre o candeeiro, para que alume a tódolos da casa. 16Alume así a
vosa luz ós homes, para que, vendo as vosas boas obras, glorifiquen a voso Pai que está
nos Ceos.
ENTRADA: Eu sei de quen me fiei
LECTURAS: Señor Xesús, bendito sexas
OFERTORIO: Recibe Señor
COMUÑÓN: Eu soñei
TVG:
Comentarios
Publicar un comentario