Non me esquecerei de ti - Is 49, 14-15
Domingo 8 do Tpo.Ordinario - ciclo A
MEU FILLO...
Meu fillo, garda na túa mente e no teu corazón
que non é posible servirme a Min e ao diñeiro.
E queiras ou non, tes que elixir; xa elixiches, xa estás a elixir.
Non andes angustiado nin pola comida,
nin pola bebida, nin polo vestido...
Observa os paxaros do ceo:
non sementan, nin fían, nin siegan...
e eu, como Pai de todos, os alimento.
E ti, Meu fillo, vales máis que todas as aves do ceo!
Fíxate nos lirios do campo: nin traballan nin fían...;
pois se así se trata á herba seca,
que hoxe florece e mañá quéimase no forno...,
canto máis farei eu por ti, por vós.
Porque eu, o Señor, coñezo ben as túas necesidades.
Meu fillo, busca o reino de Deus e a súa xustiza
e todo o que necesitas para vivir acompañarache nesta procura.
Meu fillo, sei moi ben como es
desde o momento da túa concepción, e por iso dígoche:
"Aínda que a túa nai se esqueza de ti, eu nunca che esquecerei".
Grazas, Señor, polas túas reconfortantes palabras.
Ti sabes, o meu Deus, "que o meu corazón non é ambicioso,
nin pretendo grandezas que superan a miña capacidade,
senón que acalo e modero os meus desexos
como un neno en brazos da súa nai".
Axúdame, Señor, a mirar o futuro
achegando as sementes que vou deixando polo camiño.
Axúdame, Señor, a vivir comprometido pero sen ansiedade;
a camiñar lixeiro pero sen présas;
a traballar con empeño pero sen nervios;
a soñar que o mundo e as persoas poden ser doutra maneira.
AXÚDAME, OH DEUS,
CONTIGO, SEÑOR, BÁSTAME,
PORQUE TI ES O MEU DEUS E O MEU TODO.
Amén.
Isidro Lozano
Comentarios
Publicar un comentario