Non che digo que perdoes ata sete veces, senón ata setenta veces sete - Mt 18, 21-3

Domingo 24 de ordinario - ciclo A


SON PECADOR, 
BEN O SABES, SEÑOR

Eu son pecador, meu Pai,
eu son pecador, ben o sabes.

Collo a miña vida, penso nela,
repásoa en todos os seus días,
e vexo en min cousas que non cadran ben,
que non responden ao desexo 
de bondade e de verdade
que ti, meu Pai, puxeches no meu corazón

Xesús recórdame, meu Pai,
que ti me comprendes e me queres,
e que, aínda que me vexas curto e negado,
non desesperas de min:
perdóasme, dásme forza para a curación
e segues esperando moito de min.
Grazas, meu Pai.

Co teu perdón
os meus ollos ábrense á luz,
o meu corazón ábrese ao  amor,
as miñas mans ábrense á colaboración.

Co teu perdón, meu Pai,
fágome máis humano,
comprendo mellor os meus irmáns e veciños,
e ata algunha vez me atrevo
a perdoar, coma ti, a alguén.

Grazas, meu Pai, polo teu perdón.






Comentarios

Publicacións populares