DEUS NON VAI PREGUNTAR...

REFLEXIÓNS 11
O que Deus non vai preguntar o día que vaiamos xunta El...


Deus non vai preguntar que tipo de coche acostumabas conducir,
   vai preguntar cantas persoas que necesitaban axuda transportaches.
Deus non vai preguntar cal é o tamaño da túa casa,
   vai preguntar cantas persoas abrigaches nela.
Deus non vai facer preguntas sobre as roupas do teu armario,
   vai preguntar cantas persoas axudaches a vestir.
Deus non vai preguntar o importe dos teus bens materiais,
   vai preguntar en que medida eles ditaron a túa vida.
Deus non vai preguntar cal foi o teu mellor salario,
   vai preguntar se comprometiches o teu carácter para obterlo.
Deus non vai preguntar cantos ascensos recibiches,
   vai preguntar de que forma os conseguiches.
Deus non vai preguntar cal foi o título do cargo que ocupabas,
   vai preguntar se desempeñaches o teu traballo co mellor do teu esforzo.
Deus non vai preguntar cantos amigos tiveches,
   vai preguntar para cantas persoas fuches un verdadeiro amigo.
Deus non vai preguntar o que fixeches para protexer os teus dereitos.
   vai preguntar o que fixeches para garantir os dereitos dos outros.
Deus non vai preguntar en que barrio finaches,
   vai preguntar como trataches ós teus veciños.

Eu pregúntome: que tipo de respostas terei para dar?



(Whit Criswell)


Comentarios

Publicacións populares