Pasamento de Julio Lois

Eu non coñecín persoalmente a Julio Lois, non coñecía os seus escritos nin estudiei teoloxía con el, non participei  na súa parroquia nin souben del ata que finou. Coma min estarán moitos dos galegos que non sabían da vida e a obra de Julio, pero segundo comecei a buscar en internet sobre a súa figura quedei abraiada polo agarimo co que falan del todos os que o coñeceron, falan do seu traballo, dos seus escritos, das súas clases, ponencias, publicacións... pero quedei atrapada pola súa figura como cristián. Ninguén pode falar del ser ver a trasparencia do seu interior e ninguén fala del como persoa ser ver a Xesús canda el. Esta creo que sería para el a mellor homenaxe, a mellor lembranza.


Atopei unha entrevista que, polas imaxes, lle fixeron hai tempo, pero que nos fai entender como era el e como via a Igrexa. Tamén deixareivos un resumo da súa vida e un sorriso, porque as palabras dos que os coñeceron falan dun cristián para gardar no corazón. Oxalá todos foramos recordados así.


Julio Lois http://es.wikipedia.org/wiki/Julio_Lois
Julio Lois Fernández (Pontevedra, 1935 - A Coruña, 22 de agosto de 2011) foi un sacerdote católico, profesor universitario e teólogo español, un dos máis destacados defensores da teoloxía da liberación en España.

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, diplomado en Socioloxía Pastoral en Roma e doutoramento en Teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca, coincidiu a súa formación relixiosa co proceso conciliar do Vaticano II. Así puido coñecer as obras dos teólogos europeos e os novos retos marcados pola Igrexa sobre a súa reforma, o diálogo con outras confesións relixiosas, a liberdade relixiosa e, en xeral, os cambios a que deron lugar os debates do Concilio.

Foi profesor entre 1966 e 1970 no seminario de Cochabamba (Bolivia), ademais de traballar como sacerdote nunha parroquia dos suburbios, o que marcou a súa vocación teolóxica que xa non abandonou.

De regreso a España estableceuse no madrileño barrio de Vallecas, onde desenvolveu un intenso labor como sacerdote e impulso os movementos católicos de base como a Xuventude Obreira Cristiá (XOC) e a Hermandad Obreira de Acción Católica (HOAC), vinculándose ao movemento veciñal. Como docente foi profesor encargado de teoloxía no Instituto Superior de Pastoral da Universidade Pontificia salmantina.

Membro activo da Asociación de Teólogos Juan XIII, presidiu a mesma entre 2005 e 2009.
Foi autor de Fe e política (1977); a súa tese doutoral, Teoloxía da liberación. Opción polos pobres (1986); Os movementos cristiáns de base en España (1991); Xesús de Nazaret, o Cristo liberador (1996); A experiencia do Resucitado nas primeiras testemuñas e en nós hoxe (2003) e O Deus dos pobres (2005)

Video Entrevista a Julio Lois



Estou encantada de coñecerte Julio. Unha aperta.

Comentarios

Publicacións populares