Oración polas víctimas de Xapón
Todo o mundo volcóu os seus esforzos e oracións cando foi o terremoto de Haití. En xustiza , inda que pertenzan o primeiro mundo e a súa capacidade de recuperación sexa moito maior, non podemos esquecer ás víctimas do terremoto xaponés. É noticia os problemas coa central nuclear pero esquecéronse os milleiros de mortos e desaparecidos no tsunami e no grande terremoto e as súas réplicas.
Adíquémoslles un oco no noso corazón.
Adíquémoslles un oco no noso corazón.
UNHA ORACIÓN POR XAPÓN
Polos que se foron e polos que quedaron e sofren.
Señor, quero dicirche GRAZAS,
porque hoxe me espertei e sabía
onde estaban os meus seres queridos.
Porque esta mañá a miña casa estaba en pé,
porque esta mañá non estou a chorar os meus fillos,
o meu esposo, os meus pais, o meu irmán ou irmá
que necesitan ser rescatados debaixo dunha pila de cascallos,
porque esta mañá puiden tomar un vaso de auga,
porque esta mañá non estou a planificar un funeral,
e antes de nada agradézoche, Señor,
que aínda estou vivo e teño voz
para rezar pola xente de XAPON.
Señor, rógoche a ti, o único que fai posible o imposible,
o único que transforma a escuridade en luz,
rógoche que lles deas forza a esas nais,
que lles deas a paz que supera calquera entendemento,
que abras as rúas para que a axuda chegue,
que proveas doutores, enfermeiras, comida, auga
e todo o que eles necesiten nun dicir amén.
Para os que perderon ás súas familias, dálles paz,
esperanza e coraxe para seguir adiante.
Protexe aos nenos co teu poder.
Rógocho no nome de Xesús !!!
Xapón: antes e despois. (Fai tremer, e iso que só que se ven os danos materiais, podería pasarnos a nós)
Comentarios
Publicar un comentario