Oración dos músicos no día de Santa Icía - 22 de novembro
Señor, Grazas por este don, de poder expresar a fe,
a través da miña voz e das miñas mans;
de poder unirme ao gozo incesante que hai no ceo,
de exaltar o teu Santo Nome e xunto cos coros celestiais.
Axúdame a ter coherencia co que canto e co que vivo.
Unxe todo o meu ser enteiro, para ser portador de consolo e restauración,
para as almas sedentas de Ti.
Que non crea que os aplausos, os afagos, os encomios, son para min,
porque che pertencen soamente a ti, autor da sinfonía do Amor.
Ensíname a servirte con humildade, con xúbilo,
con devoción e respecto no Banquete Eucarístico.
Ti sabes Señor que non son digno/a pero
me miraches con misericordia.
Que non sexa un metal que resoe, éncheme co teu Santo Espírito,
para ser instrumento que disipe a escuridade, convertendo os corazóns
a ti, producindo os mellores froitos en min e nos meus irmáns.
Grazas, Amado Deus, por permitir a esta alma,
entoar un novo canto de amor cada día.
Que o meu canto disperse as forzas malignas da autosuficiencia,
o egocentrismo e do egoísmo,
e une o meu corazón ao Teu, Divino Xesús.
Hoxe como Os Anxos, quero elevar un canto de loor,
encomio e gloria para Ti;
Hoxe como o Rei David, quero entoar o meu canto,
para afastar a maldade e a intranquilidade do corazón humano;
Hoxe como María, quero proclamar as grandezas do teu amor,
humillándome e servíndote de corazón;
Hoxe como os nenos, quero entoar o meu canto,
co gozo de saberme o teu fillo/a Señor.
Quero unirme ao canto do necesitado que pide xustiza e liberdade:
Quero unirme ao canto do neno explotado, do indixente, do ancián,
de todos os homes e mulleres que claman a túa misericordia Señor.
Grazas, Señor.
Grazas, Señor, por darme esta bela graza
de tocar, de cantar a alegría da túa Salvación en unión do teu Pobo Peregrino.
Para ti sexan dadas, a Honra e o Honor,
Por Cristo, Señor noso. Amén.
ORACIÓN TOMADA DE:
https://www.facebook.com/152985068120296/posts/931850293567099/
Comentarios
Publicar un comentario