SEMANA 1 DE CORESMA - CICLO B
ORACIÓN SEMANAL
Líbrame, Xesús,
do anhelo de ser amado,
do desexo de ser encomiado,
da ansia de ser honrado,
do afán de ser consultado,
do empeño en ser aprobado,
da aspiración a ser perfecto...
líbranos, Xesús.
Do afán de almacenar bens,
do anhelo de ser rico,
do empeño en caer ben,
do desexo de sobresaír,
da ansia de darme á boa vida,
da aspiración a non fallar...
líbranos, Xesús.
Do temor a ser desprezado,
do temor a ser calumniado,
do temor a ser esquecido,
do medo a ser ofendido,
do medo a ser ridiculizado,
do medo a ser acusado...
líbranos, Xesús.
Do temor ao descoñecido,
do temor a ser amado,
do temor a saír perdendo,
do medo a vivir en pobreza,
do medo a renunciar ao necesario,
do medo a fracasar na vida...
líbranos, Jesús.
Florentino Ulibarri
LUNS
PRIMEIRA Lev 19, 1-2. 11-18
Xulga xustamente ó teu próximo
SALMO RESPONSORIAL Sal 18, 8. 9. 10. 15
R/ (Xn 6, 63): As túas palabras, Señor, son espírito e vida
EVANXEO Mt 25, 31-46:
Canto fixestes por un destes meus irmáns máis humildes, a min mo fixestes
PRIMEIRA Is 55, 10-11
SALMO RESPONSORIAL
Sal 33, 4-5. 6-7. 16-17. 18-19
EVANXEO Mt 6, 7- 15
Vós rezade así
PRIMEIRA Xon 3, 1-10:
Arredáronse os ninivitas do seu camiño malo
SALMO RESPONSORIAL Sal 50, 3-4. 12- 13. 18- 19
R/ (19b): Un corazón contrito e humilde ti, Deus, non o desprezas.
EVANXEO Lc 11, 29-32:
Non se lle dará a esta xeración un signo máis ca o signo de Xonás profeta
XOVES
SALMO RESPONSORIAL Sal 137, 1-2a. 2bc-3. 7c-8
EVANXEO Mt 7, 7-12
VENRES
PRIMEIRA Ez 18, 21-28:
É acaso a miña vontade que morra o malvado e non que se converta e viva?
SALMO RESPONSORIAL Sal 129, 1-2. 3-4ab. 4e-6. 7-8
R/ (3): Se levas conta dos pecados, quen, Señor, se terá en pé?
EVANXEO Mt 5, 20-26:
Vai primeiro reconciliarte con teu irmán
SÁBADO
PRIMEIRA Dt 26, 16-19:
Para que sexas o pobo santo do Señor, o teu Deus
SALMO RESPONSORIAL Sal 118, 1-2. 4-5. 7-8
R/ (1b): Ditosos os que andan coa lei do Señor.
EVANXEO Mt 5, 43-48:
Sede perfectos coma o voso Pai celestial
------------------------------------------------------
MATERIAL DE CORESMA 2021
DIOCESE DE OURENSE
Domingo 2º de Coresma:
Unha esperanza luminosa
Reflexión
Na tradición bíblica o alto da montaña é un lugar privilexiado de encontro, de busca, de escoita, de conversación con Deus. Tamén é un arte de vivir , un símbolo de andar a vida como buscadores, camiñantes, peregrinos, escaladores e aprendices cara unha sabedoría que se atopa no Misterio de Deus. Na Coresma atopámonos esta invitación de Xesús de “ir ao alto dun monte”. Encontrarnos con El para encontrar a LUZ; Deus é Presenza e Luz para ser persoas con luz. A proposta de Xesús é saír acotío da casa, do noso, do sabido, do coñecido, do amarrado e subir “o alto da montaña” ( ao silencio do cuarto ou do banco do templo ou de paseo…) onde se encontra a experiencia do encontro con Deus como unha Luz que queima e acende a vida. Unha Luz para ser “luz” e “testemuñas da luz”.
Subir, saír e contemplar como Deus nos invita a ser persoas-luz, a vivir a vida ardendo con tanto entusiasmo que a quen se achegue podamos axudarlles a acender a súa propia luz. A Luz de Deus transfigura porque a El gústalle vernos vivos, activos, ilusionados, buscadores, intrépidos, luminosos. Xesús vai camiño de Xerusalén desde a incerteza do que sucederá, coa mesma incerteza que sufrimos nós. El sabe de silencios, de medos, de dúbidas. Pero con seus discípulos sube á montaña da oración, do encontro e da escoita. En contacto con El e co Pai ilumínasenos o corazón, como a Xesús, e escoitamos a súa voz: “Ide con Xesús a Xerusalén, cara o futuro, confiados…”.
Queremos baixar do monte, convertidos en “persoas-luz” e botarnos a andar por as nosas rúas e camiños sementando a esperanza luminosa que ven do Señor.
Preguntas para ver:
- Quen é luz para ti ao longo do teu camiño? Por que?
- Tes tido algunha experiencia profunda de Deus, de Luz, ante un momento de difi cultade da túa Vida? Podes compartila co teu grupo.
- Que supón para ti a eucaristía, a oración, a escoita da Palabra, nos momentos de Cruz?
Evanxeo: Mc 9, 2- 10
Breve silencio
Xesto · símbolo: Colocamos unha vela acendida. Ao mesmo tempo que nos propoñemos un tempo de soidade ante o Señor, no noso cuarto, ante o Sagrario...
Oración:
Querido Xesús, sobes con Pedro, Santiago e Xoán ao monte da oración, do encontro e de escoita, para mostrarnos que a cruz é camiño de resurrección e fortalecernos coa túa Palabra e a túa presenza luminosa. Cústanos deixar a seguridade da nosa casa e ascender á montaña; supón abandonar a comodidade e esixe esforzo.
Xesús, neste tempo, ás veces tan escuro e contaminado, necesitamos da túa luz, precisamos atoparnos cada día contigo, para cargar as nosas baterías cansadas da túa luz que nos transfigure en crentes vivos, activos e luminosos.
Xesús, tamén hoxe nós dicímosche: “que ben se está contigo!”, que alegría escoitarte e deixarnos acender pola túa luz. Sostén nosa fe nos momentos nos que vivimos de dúbida, monotonía e sufrimento. Ilumínanos o corazón para que nos convertamos en persoas luz que, baixando as nosas rúas, sementen a esperanza luminosa que vén de ti.
Canto
Comentarios
Publicar un comentario