Deus establece alianza co fiel Abrahán - Xen 15, 5-12. 17-18

Domingo 2 de Coresma - ciclo C


ORACIÓN DE CONFIANZA

* Señor da clemencia e da vida,
que vexa rir ao desherdado
con risa alegre e renacida.
Que vexa acenderse a ilusión
nos ollos apagados
de quen un día esqueceu soñar e rir.

+ Señor, que vexa oportunidade e chamada
onde ás veces só hai brétema.
Que vexa como a dignidade recuperada
pecha os infernos do mundo
no medio da traxedia dos que non teñen
ou daqueles a que arrebataron o seu ser.
aínda que quede unha sombra da túa imaxe.

* Que te vexa no meu interior e te albisque
máis alá dos límites cegos dos meus intereses.
Que non ceda ao desencanto do día malfadado, 
nin faga da miña vida
o conto da miña fascinación.

+ Chámote, rógote a ti,
co meu corazón apagado,
pois sei que a todos nos esperas e nos anovas.
Es rico en piedade, tenrura e paciencia.
Ninguén é capaz de facer as túas marabillas.

*  Todos sairán de si,
virán á túa presenza,
bendicirán o teu nome, adorarante gozosos,
porque ti os libraches das súas cadeas;
proclamarán que ti es grande
que só as túas obras son dignas de asombro.

+ Señor do lume e da luz:
amósame a túa verdade,
a senda que a leva a ti;
non deixes que a miña vida se extravíe,
nin que un latexo a ti che resulte alleo.
Porque a túa piedade para comigo
sempre foi grande,
porque xa do abismo que aniquila
salvaches a nosa vida.

* Achegando o teu Fillo a nós
E facéndoo da nosa propia carne
déchesnos o sinal definitivo,
pois es salvación marabillosa, actuante,
xa que non deixas nas mans do malo,
nin deixas que a nosa vida quede en nada.

+ Que todo se transforme no teu ollar sereno
e quede engaiolado da cálida aperta
ou do agarimo do irmán.
Que, como cada día,
camiña tamén cara a Ti,
meta dos nosos desafíos.


Comentarios

Publicacións populares