Cristo hanos configurar co seu corpo glorioso - Flp 3, 17 - 4, 1
Domingo 2 de Coresma - ciclo C
PARA MEDRAR EN ESCOITA
Xesús, meu Mestre e meu Señor,
eu quero achegarme a ti e ao teu Evanxeo
cun corazón de neno,
con ganas de ser ensinado por ti.
Quero achegarme a ti
e quero achegarme tamén
á vida da xente con corazón de neno;
sen arrogancias, disposto a aprender,
disposto a compartir.
Xesús, meu Mestre e meu Señor,
quero ser todo ollos
para verte e admirarte;
quero ser todo oídos
para escoitar as túas voces
as túas insinuacións miúdas;
quero ser todo mans e todo pés
para seguirte presto
cando me chames e me invites a algo;
quero ser todo corazón
para amarte cegamente,
amando cegamente á xente
que me dás coma mostra túa na vida.
Xesús, quero escoitarte a ti,
quero escoitar á xente,
quero escoitarme a min,
quero escoitar a Deus.
Comentarios
Publicar un comentario