Quen teme o Señor honra os pais - Sir 3, 3-7. 14-17a
SAGRADA FAMILIA
HOXE
É BO DÍA PARA CONTEMPLAR
Hoxe é bo día para contemplar a nosa vida
e a das
persoas que nos rodean.
Contemplar
persoas, familias, onde brilla o ben, o amor,
a
comprensión, a capacidade de perdón, o respecto,
a fortaleza
ante as dificultades, a confianza en Deus.
Persoas que
son reflexo da bondade,
que
transmiten agarimo e alegría.
que gozan
cando poden axudar aos demais.
Todos
coñecemos a persoas que son presenza de Deus;
persoas que
buscan e se fan preguntas, inquedas,
abertas ao
asombro,
capaces de
acoller boas noticias e de compartilas.
Por elas
aprendemos a ler a vida cotiá,
a contemplar
o Espírito
e
demóstrannos que é posible soñar cunha humanidade
formada por
persoas coma elas.
Están aí, ao
teu lado.
Nelas atopamos un eco de Deus.
Alégrate
polas súas vidas.
Agradece e bendí a Deus pola súa presenza.
José Enrique Ruiz de Galarreta.
Comentarios
Publicar un comentario